DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57112

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2025, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 27 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm.176, do 12 de setembro) para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día 28 de novembro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán ir provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno acreditativo que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, así como dun lapis do número 2 e goma de borrar.

Así mesmo, e de acordo coa base II.1.1.1, as persoas aspirantes non poderán facer uso de manuais ou textos legais ou de consulta para a realización desta proba.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal