A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Santa Teresa de Jesús, de Ourense, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do CPR plurilingüe Santa Teresa de Jesús, de Ourense, e autorizar o CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.
Denominación específica: Santa Teresa de Jesús.
Código do centro: 32008513.
Domicilio: Peña Trevinca, 2.
Código postal: 32005.
Localidade: Ourense.
Concello: Ourense.
Provincia: Ourense.
Titular: Fundación Vedruna Educación.
Composición resultante:
a) Educación infantil: 9 unidades do 2º ciclo.
b) Educación primaria: 18 unidades.
c) Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.
d) Bacharelato: 8 unidades, das modalidades de: Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais, Artes.
e) Educación especial: 2 unidades.
f) Formación Profesional, réxime ordinario, modalidade presencial:
CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional
