Expediente: IN407A 2022/179-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Instalación: Regulamentación LMT MEA806 (apoio B6W2E1F6//17-CT S. Adrián 15CU52).
Concello: Ortigueira.
Feitos:
1. O día 20.5.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, coa finalidade de proceder á regulamentación dun tramo da liña de distribución de media tensión LMT MEA806 (expediente 5.365), procedente da subestación Mera, situado no lugar de Filgueiras, concello de Ortigueira, como consecuencia do mal estado dalgúns apoios. Proxéctase o soterramento dun tramo de liña e a reforma do centro de transformación CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) de envolvente de obra civil, aumentando a súa potencia de 100 kVA a 250 kVA.
Achegaron o proxecto, que incluía memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos: Proxecto de execución denominado Regulamentación LMT MEA806 (apoio B6W2E1F6//17-CT S. Adrián 15CU52), asinado o 26.4.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en enxeñaría eléctrica, nº de colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).
2. O 13.6.2023 concedeuse a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública do proxecto por resolución da Xefatura Territorial da Coruña.
3. O 13.5.2025 a empresa promotora achega escrito en que expón que, realizadas xestións posteriores á data da resolución, tiveron coñecemento dos lexítimos propietarios do predio nº 4, afectado polo proxecto. Realizadas as oportunas xestións, non foi posible chegar a un acordo con referidos titulares. Tendo en conta este feito achegan co escrito de solicitude de modificación de declaración de utilidade pública, nova relación de bens e dereitos na que se inclúe o predio nº 4.
4. A solicitude presentada someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 9.6.2025.
– BOP: 21.5.2025.
– Xornal La Voz de Galicia: 28.5.2025.
– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 31.7.2025.
5. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Filgueiras, concello de Ortigueira, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS a 20 kV, de 386 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio proxectado a intercalar entre os apoios AP 22 e 23 existentes da LMT MEA806 (expediente 5.365), procedente da subestación Mera, e remate no CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) para reformar. Canalización proxectada con 2T/6T aloxados en gabia de dimensións 0,4×0,80/1,00/1,40.
– Novas autoválvulas e o tendido de 8 m de condutor RHZ1-2OL 12/20 KV 3×(1×240) Al desde nova cela de saída do CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) ata fachada do CT, en dirección ao CT Feas (15CU53, IN407A 2016/2622-1), para ligazón con LMTA existente.
– Novo condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 165 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº B6W2E1F6//17 existente para substituír por tipo C-2000/18 na LMT MEA806 (expediente 5.365) e remate no apoio nº B6XT0UQD//18 existente a substituír por tipo C-1000/14. Retensado dos vans adxacentes. Novo apoio tipo C-12/4500 situado entre o apoio nº B73XO4RE//22 existente e o nº B75641NS//23 a retirar. Substitución do apoio nº B7330XL1//21 existente por tipo C-14/1000.
– Desmantelamento tramo LMTA 20 kV, condutor LA-110 Al, con orixe novo apoio proxectado e remate no apoio nº B76G95SS//25 a desmontar. Retirada do apoio nº B762R6UM//24 existente.
– Repotenciación do CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1), situado entre a derivada ao CT Ponte Mera (15CU50, IN407A 2016/770-1) e o CT Feás (15CU53, IN407A 2016/2622-1) cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P, cambiando a máquina por unha de 250 kVA. Reforma da envolvente de obra civil.
– Substitución de porta de acceso ao local por unha nova, ampliando dimensións desta, o que implica demolición e instalación de lintel para porta de acceso.
– Pintado do interior e exterior do local.
– Realización do foxo de recollida de aceite para o transformador, con reixa e seixos apagalumes, e a colocación dos UPN que soportarán o trafo.
– Deflector de aire para favorecer a ventilación do transformador.
– Todos os elementos metálicos novos que se van instalar se conectarán á nova rede de terras interior do CT, interconexión co anel de posta a terra do centro actual do local.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
Modificar a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica da Resolución do 13.6.2023 da anteriormente nomeada Xefatura Territorial da Coruña.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 13 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/179-1)
|
Nº predio |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietarios |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
4 |
Montecelo 15062A501002250000RP |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño |
– José Ramón Aneiros Casal – Carmen Pena Rodríguez |
Apoio nº 4 |
2.0 |
1.6 |
5.0 |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada en m².
