Expediente: IN407A 2022/179-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Modificado II-Regulamentación LMT MEA806 (apoio B6W2E1F6//17-CT S. Adrián 15CU52).
Concello: Ortigueira.
Feitos:
1. O día 14.5.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co fin de modificar unha das dúas saídas previstas no centro de transformación CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) por reformar (IN407A 2022/178-1, DOG do 4.7.2023), proxéctase substituír a saída en dirección CT Feás (15CU53, IN407A 2016/2622-1) proxectada inicialmente, mediante un paso aéreo-soterrado pola fachada da envolvente do centro de transformación, por unha en que a liña sairía directamente soterrada ata o paso aéreo-soterrado que se vai realizar nun novo apoio proxectado a carón do centro de transformación evitando deste xeito situacións antirregulamentarias por altura. A finalidade do proxecto autorizado consiste no soterramento dun tramo de liña e a reforma do centro de transformación CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) de envolvente de obra civil, aumentando a súa potencia de 100 kVA a 250 kVA.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Modificado II-Regulamentación LMT MEA806 (apoio B6W2E1F6//17-CT S. Adrián 15CU52), asinado o día 10.3.2025 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).
2. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ortigueira, Deputación Provincial da Coruña, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
3. O día 29.9.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Filgueiras, concello de Ortigueira, e as súas características técnicas son as seguintes:
As instalacións proxectadas en modificado II son as seguintes:
– LMTS a 20 kV, de 23 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, con orixe no CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) e remate no PA/S proxectado en apoio proxectado (5) tipo C-3000/10 na parte traseira a carón do CT.
– Substitución tramo LMTA a 20 kV, de 12 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio proxectado (5), tipo C-3000/10 con autoválvulas e frecuentado, na parte traseira a carón do CT por intercalar na LMT MEA806 e remate no apoio nº B776WQKJ//27 existente.
O resto de instalacións proxectadas neste expediente quedan do seguinte xeito:
– LMTS a 20 kV, de 386 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio proxectado que se vai intercalar entre os apoios AP 22 e 23 existentes da LMT MEA806 (expediente 5.365), procedente da subestación Mera, e remate no CT S. Adrian (15CU52, IN407A 2016/771-1) por reformar. Canalización proxectada con 2T/6T aloxados en gabia de dimensións 0,4x0,80/1,00/1,40.
– Novo condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 165 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº B6W2E1F6//17 existente para substituír por tipo C-2000/18 na LMT MEA806 (expediente 5.365) e remate no apoio nº B6XT0UQD//18 existente para substituír por tipo C-1000/14. Retensado dos vans adxacentes. Novo apoio tipo C-12/4500 situado entre o apoio nº B73XO4RE//22 existente e o nº B75641NS//23 por retirar. Substitución do apoio nº B7330XL1//21 existente por tipo C-14/1000.
– Desmantelamento tramo LMTA 20 kV, condutor LA-110 Al, con orixe novo apoio proxectado e remate no apoio nº B76G95SS//25 por desmontar. Retirada do apoio nº B762R6UM//24 existente.
– Repotenciación do CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1), situado entre a derivada ao CT Puente Mera (15CU50, IN407A 2016/770-1) e o CT Feás (15CU53, IN407A 2016/2622-1) cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P, cambiando a máquina por unha de 250 kVA. Reforma da envolvente de obra civil:
• Substitución de porta de acceso ao local por unha nova, ampliando dimensións desta, o que implica demolición e instalación de lintel para porta de acceso.
• Pintado do interior e exterior do local.
• Realización do foxo de recollida de aceite para o transformador, con reixa e seixos apagalumes, e a colocación dos UPN que soportarán o trafo.
• Deflector de aire para favorecer a ventilación do transformador.
• Todos os elementos metálicos novos por instalar se conectarán á nova rede de terras interior do CT, interconexión co anel de posta a terra do centro actual do local.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da modificación da dita instalación de distribución eléctrica.
B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 13 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
