Na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio; corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia e do persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría II-39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
Víctor Gallego Vincent
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo II (concurso).
Corpo/categoría: técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (0039).
Prazas acceso libre: 5.
Prazas acceso pola base I.1.1: 0.
|
Número de orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***9176** |
Miniño Rodríguez, Venancio |
Libre |
90,32 |
|
2 |
***7533** |
Castro Lorenzo, Constantino |
Libre |
83,72 |
|
3 |
***7867** |
García Caíña, María José |
Libre |
77,85 |
|
4 |
***5874** |
Arriba Polín, Pedro José de |
Libre |
76,60 |
|
5 |
***9508** |
García López, José Ángel |
Libre |
75,20 |
