Na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría I-38, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais, pola orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a dita relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo I (concurso).
Corpo/categoría: técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (0038).
Prazas de acceso libre: 1.
Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.
|
Nº de orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
32670025C |
Rodríguez Pailos, Susana |
Libre |
30,70 |
