En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG número 168, do 5 de setembro), fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 38 (técnico/a superior de defensa contra incendios forestais) do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro).
Por non cumpriren os requisitos de acceso por causas sobrevidas.
DISPOÑO:
Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo para o ingreso na categoría 38 (técnico/a superior de defensa contra incendios forestais) do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***5231** |
Morales Sanz, Irene |
Libre |
43 |
|
***8207** |
Omil Ignacio, Beatriz |
Libre |
43 |
|
43 |
Desistencia da solicitude |
Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
