A Axencia Galega de Innovación convocou as axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, programa Doutoramentos industriais, mediante a Orde do 18 de setembro de 2024 (DOG núm. 189, do 1 de outubro).
O artigo 7 das bases da convocatoria establece os conceptos subvencionables e, no punto 1.d) do dito artigo, dispón que se poden financiar estadías de tres meses de duración no estranxeiro.
O artigo 15 das bases da convocatoria establece que a Comisión de Selección distribuirá as axudas de maneira que garanta un mínimo de 12 beneficiarios na categoría de empresas e 3 beneficiarios na categoría de centros de innovación e tecnoloxía, salvo que non haxa solicitudes suficientes en cada categoría.
Nos artigos 16 e 17 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Selección establecida no artigo 15 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 14.
A Resolución do 16 de decembro de 2024 adxudicou as anteriores axudas (DOG núm. 247, do 24 de decembro).
A Resolución do 1 de abril de 2025 modifica parcialmente a Resolución do 16 de decembro de 2024 pola que se acepta unha renuncia e se adxudica unha nova axuda á entidade candidata situada no primeiro lugar da lista de espera desta convocatoria.
A entidade Fundación Instituto Tecnológico de Galicia, NIF G15305923 e número de expediente 02_IN606D_2024_3100897, solicitou a axuda do programa Doutoramento industrial con estadía sinalando a zona 3, e resultou beneficiaria na Resolución de concesión do 16 de decembro de 2024 nos seguintes termos:
|
Nº expediente |
NIF entidade |
Entidade |
NIF persoa doutoranda |
Persoa investigadora doutoranda |
Código proxecto |
Aplicación orzamentaria |
Importe (en euros) |
Réxime de minimis (Reg. UE 2023/2831) |
|||||
|
2024 |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
||||||||
|
02_IN606D_2024_3100897 |
G15305923 |
Fundación Instituto Tecnológico de Galicia |
***9242** |
Anabel Díaz Labrador |
2016.4 |
09.A2.561A.480.0 |
1.000,00 |
21.000,00 |
25.000,00 |
24.000,00 |
4.000,00 |
75.000,00 |
Non |
|
09.A2.561A.781.0 |
0,00 |
5.000,00 |
5.000,00 |
5.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
|||||||
|
Total |
1.000,00 |
26.000,00 |
30.000,00 |
29.000,00 |
4.000,00 |
90.000,00 |
|||||||
Advertido un erro na resolución de concesión á entidade antes mencionada por omisión da cantidade que corresponde á axuda de estadía que solicitou en tempo e forma, cómpre facer a rectificación oportuna e resolver a axuda nos termos axeitados.
Reunida de novo a Comisión de Selección o 6 de xuño de 2025 informa de que, revisada a solicitude da entidade, esta sinalou a zona de estadía 3 na solicitude, polo que cómpre facer rectificación.
De acordo co antedito,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda á entidade Fundación Instituto Tecnológico de Galicia, NIF G15305923 e número de expediente 02_IN606D_2024_3100897, tal e como se indica na seguinte táboa tras a rectificación:
|
Nº expediente |
NIF entidade |
Entidade |
NIF persoa doutoranda |
Persoa investigadora doutoranda |
Código proxecto |
Aplicación orzamentaria |
Importe (en euros) |
Réxime de minimis (Reg. UE 2023/2831) |
|||||
|
2024 |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
||||||||
|
02_IN606D_2024_3100897 |
G15305923 |
Fundación Instituto Tecnológico de Galicia |
***9242** |
Anabel Díaz Labrador |
2016.4 |
07.A2.561A.480.0 |
1.000,00 |
21.000,00 |
31.000,00 |
24.000,00 |
4.000,00 |
81.000,00 |
Non |
|
07.A2.561A.781.0 |
0,00 |
5.000,00 |
5.000,00 |
5.000,00 |
0,00 |
15.000,00 |
|||||||
|
Total |
1.000,00 |
26.000,00 |
36.000,00 |
29.000,00 |
4.000,00 |
96.000,00 |
|||||||
Segundo. Os créditos das partidas orzamentarias 07.A2.561A.470.0, 07.A2.561A.770.0, 07.A2.561A.480.0, 07.A2.561A.781.0, tras a modificación, quedan tal como se indica na táboa seguinte:
|
Entidade beneficiaria |
Nº de axudas |
Aplicación orzamentaria e código de proxecto |
Crédito (en euros) |
|||||
|
2024 |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
Total |
|||
|
Empresas |
11 |
07.A2.561A.470.0 (2016 00004) |
10.000,00 € |
232.000,00 € |
319.000,00€ |
264.000,00 € |
44.000,00 € |
869.000,00 € |
|
11 |
07.A2.561A.770.0 (2016 00004) |
0,00 € |
55.000,00 € |
55.000,00 € |
55.000,00 € |
0,00 € |
165.000,00 € |
|
|
1 |
07.A2.561A.480.0 (2016 00004) |
1.000,00 € |
21.000,00 € |
29.000,00 € |
24.000,00€ |
4.000,00€ |
79.000,00 € |
|
|
1 |
07.A2.561A.781.0 (2016 00004) |
0,00 € |
3.879,00 € |
3.879,00 € |
3.879,00 € |
0,00 € |
11.637,00 € |
|
|
Centros de innovación e tecnoloxía |
3 |
07.A2.561A.480.0 (2016 00004) |
3.000,00 € |
63.000,00 € |
89.000,00 € |
72.000,00 € |
12.000,00 € |
239.000,00 € |
|
07.A2.561A.781.0 (2016 00004) |
0,00 € |
15.000,00 € |
15.000,00 € |
15.000,00 € |
0,00 € |
45.000,00 € |
||
|
Total convocatoria |
14.000,00 € |
389.879,00 € |
510.879,00 € |
433.879,00 € |
60.000,00 € |
1.408.637,00 € |
||
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación ou ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
