DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2025/070-1).

Expediente: IN407A 2025/070-1.

Promotora: Fuciños Rivas, S.L.

Denominación do proxecto: LMT, CT Romeao.

Concello: Melide.

Feitos:

1. O día 25.4.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e presuposto, e que comprende os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado LMT, CT Romeao, asinado por Severino A. Calvar Fonterosa, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 950 da Coruña, o 23.4.2025.

2º. Xustificacións ao requirimento do 24.9.2025 respecto da LMTS, CT Romeao, expediente IN407A/2025/000070-1, asinado por Severino A. Calvar Fonterosa, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 950 da Coruña, o 26.9.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Melide e Augas de Galicia. No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos á solicitude de informes.

4. O día 8.10.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas en Romeao, no concello de Melide, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTS de 20 (inicialmente funcionará a 15 kV), condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95) Al, de 464 m (478 m en liña) de lonxitude, coa súa orixe en PAS (paso de aéreo a subterráneo) para instalar no apoio 4FR0000150 (13) da LAT 20/15 kV derivación a Campos e final no CT proxectado.

• Centro de transformación (CT) en edificio de obra civil, con celas de alta tensión prefabricadas modulares con aparellaxe de corte en SF6 e configuración 2L+1P, con transformador de aceite, relación de transformación 15-20/0,4 kV e 250 kVA de potencia.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás personas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña