Expediente: IN407A 2023/188-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: instalación de CTI na LAMT CDR-806 Vilela-Mera 6 e reordenación da RABT.
Concello: Cedeira.
Feitos:
1. O día 5.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución eléctrica.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), presentan o proxecto de execución denominado Instalación de CTI na LAMT CDR-806 Vilela-Mera 6 e reordenación da RABT, asinado o día 29.6.2022, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 4.8.2023.
• BOP: 18.7.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 1.8.2023.
• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal exposto do 7.8.2023 ao 18.9.2023.
3. Realizouse unha visita dos servizos técnicos deste departamento territorial o 30.5.2025 e comprobouse a existencia dos seguintes feitos que constan no informe de requirimento do 3.6.2025:
– Vivenda en construción.
– Elementos que impiden a entrada ao predio. Peches parciais exterior e interior ao redor da vivenda en construción.
Estes elementos constituirían unha limitación á constitución de servidume de paso no predio que figura como núm. 2 da relación de bens e dereitos afectados, con referencia catastral 15022A502109270000UF.
4. O 3.6.2025 requiriuse a empresa promotora para que xustificase que a construción e o peche da parcela observada non constituían unha limitación á constitución de servidume de paso, de acordo co establecido no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
5. O 3.7.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. remitiu un escrito en que expón que a actuación proxectada é unha regulamentación dunha instalación eléctrica existente e que non se dan os supostos de existencia dunha limitación ao establecemento de servidume de paso, de acordo coa Lei 24/2023 e Real decreto 1955/2000. Expoñen o seguinte:
– De acordo coa información da sede electrónica do Catastro, na parcela non consta inscrita ningunha construción que poida ser considerada para os efectos da existencia dalgunha das limitacións á constitución de servidume de paso na lexislación xa referida.
– Non se dan os supostos establecidos no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, ao non existir ningunha vivenda no momento de iniciarse o expediente de declaración de utilidade pública.
– Na visita que realizaron á parcela afectada constataron a existencia de ladrillos cubertos por vexetación, polo que non pode ser considerada como unha vivenda.
6. Os servizos técnicos do departamento territorial emitiron un informe o 15.7.2025.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
3. Características técnicas:
– Modificación da liña CDR806 de 20 kV:
• Substitución do apoio existente núm. B0LGBN3R no cal se vai facer a derivación ao novo CTI por un apoio de tipo celosía C-2000-14.
• Novo apoio núm. 1, que se instalará no trazado actual da liña para cumprir a distancia entre condutores, entre o novo apoio núm. B0LGBN3R e o apoio existente núm. B0FXHIYL.
• Substitución de 127 m do condutor existente de LA-30 por condutor LA-56 entre o apoio proxectado núm. B0LGBN3R e o apoio existente núm. B0NUVWSJ m.
• Novo tramo de liña entre o condutor LA-56 entre o apoio proxectado núm. B0LGBN3R e o apoio N2, de 32 m.
• Novo centro de transformación intemperie (CTI) sobre o novo apoio N2 de tipo celosía C-2000-12 de 100 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na Bouza, concello de Cedeira.
4. No informe técnico do 15.7.2025 conclúese o seguinte:
«(...) Na visita de campo realizada o 30.5.2025 detectouse unha posible limitación das indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013 e no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso no predio identificado na RBDA co número 2, en que se está a construír unha vivenda.
Na visita de campo púidose constatar que o predio 2 da RBDA ten elementos que impiden a entrada no predio, coa tipoloxía que se aprecia nas fotografías anexas ao informe, de cara ao exterior do predio, ben que non se aprecia ningún tipo de peche cara ao predio situado máis ao sur. Tamén se aprecia outro peche parcial no interior do predio arredor da vivenda en construción. (...)».
5. Debe terse en conta que o artigo 58, Limitacións á constitución de servidume de paso, da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que «Non se poderá impoñer servidume de paso para as liñas de alta tensión: a) Sobre edificios, os seus patios, currais, centros escolares, campos deportivos, xardíns e hortos, tamén pechados, anexos a vivendas que xa existan ao tempo de decretarse a servidume, sempre que a extensión dos hortos e xardíns sexa inferior a media hectárea».
Á vista dos informes técnicos do 3.6.2025 e 15.7.2025 e tendo en conta a normativa citada, constátase a existencia de limitacións ao establecemento de servidume de paso na parcela afectada.
Consonte todo o sinalado,
RESOLVO:
Denegar a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 29 de setembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Cedeira
Instalación de CTI na LAMT CDR-806 Vilela-Mera 6 e reordenación da RABT
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/núm. do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Marie Madeline Hanus Catherine |
15022A502209270000UE |
Vilela |
Novo apoio núm. N-1 |
2 |
Prados ou pradarías |
||
|
2 |
Descoñecido |
15022A502109270000UF |
Vilela |
Novos apoios núm. B0LGBN3R e núm. N-2 (CT) |
4 |
31,61 |
504,78 |
Prados ou pradarías |
