DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58105

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón/oa e mecánico/a, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) e do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

Esta resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez finalizados os procesos selectivos e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, convócanse a este acto de elección, pola orde que figura nesta resolución, as persoas aspirantes que superaron os seguintes procesos selectivos:

– Proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro).

– Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1; para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, e para o ingreso nas categorías 3, 12, 15, 34, 36, 37, 43, 52, 54, 54B, 66, 71, 94, 98, 100, 101, 103 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Esta consellería, seguindo o disposto nas respectivas bases das convocatorias,

DISPÓN:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que son emprazadas para a elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes soamente poderán elixir os postos abertos á escala e especialidade a que acceden, de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Dado que neste acto de elección coexisten varios procesos selectivos correspondentes a distintas ofertas de emprego público, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

En primeiro lugar, a orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias máis antigas terán preferencia sobre as máis recentes.

En segundo lugar, nos procesos coa mesma data de convocatoria seguirase a seguinte orde de prioridade:

1º. Especialidade de patrón/oa.

2º. Especialidade de mecánico/a.

3º. Axentes.

Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.

Non obstante, exclúense desta opción as persoas aspirantes que figuran na relación de aprobados dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 xa que, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos na dita lei deberán permanecer en servizo activo na devandita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

Tal e como se recolle no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Deste xeito, para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, deben terse en conta as seguintes consideracións:

1. Aspirantes que figuran na relación de aprobados de varios procesos selectivos convocados pola Administración xeral da Xunta de Galicia.

Se unha persoa aspirante se atopa incluída na relación de aprobados en máis dun proceso selectivo de estabilización convocado pola Administración xeral da Xunta de Galicia, deberá optar exclusivamente por un deles, renunciando expresamente aos demais. A renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

2. Aspirantes que se atopan na relación de aprobados en procesos selectivos convocados pola Administración xeral e convocados por un ente instrumental.

Se unha persoa aspirante figura na relación de aprobados nun proceso selectivo de estabilización da Administración xeral e, ao mesmo tempo, nun proceso de estabilización convocado por un ente instrumental, tamén deberá optar exclusivamente por un deles e renunciar aos restantes. Neste caso, a renuncia debe presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles, conforme o establecido na disposición terceira desta resolución.

3. Toma de posesión previa ou resultados pendentes noutros procesos de estabilización.

No caso de que, no momento deste acto de elección de destino, a persoa aspirante xa tomase posesión dun posto como persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo derivado da superación doutro proceso selectivo de estabilización convocado ao abeiro da Lei 20/2021, tanto na Administración xeral da Xunta de Galicia como nun ente instrumental do sector público autonómico, deberá presentar simultaneamente a este acto de elección a renuncia expresa e voluntaria á condición de funcionario de carreira ou, se é o caso, persoal laboral fixo, mediante escrito presentado no Rexistro da Xunta de Galicia, no prazo de cinco (5) días hábiles conforme o establecido na disposición terceira desta resolución. En caso contrario, a persoa aspirante será excluída deste acto de elección de destino.

Igualmente, se a persoa aspirante participa en varios procesos selectivos de estabilización, pero na data deste acto de elección de destino aínda non se publicasen os resultados doutros procesos en que participou, poderá realizar a elección correspondente neste acto. Agora ben, se resulta incluída posteriormente na relación de aspirantes que superaron outro proceso de estabilización, deberá optar definitivamente por un só dos postos, renunciando expresamente ao outro, sempre que non se tivese producido aínda a toma de posesión derivada deste acto. Esta renuncia deberá presentarse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación da nova relación de aprobados.

Se xa tomou posesión dun dos postos, será de aplicación o disposto no parágrafo primeiro desta epígrafe.

Oitavo. De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, nos casos anteriores, o dereito a optar e a renuncia aos procesos é voluntaria, polo que a súa exclusión dos procesos non elixidos non suporá dereito a compensación.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que deben participar na elección de postos

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Convocatoria

Acceso

1

1

***0640**

Blanco Pato, Rafael

2021

Libre

2

2

***5311**

Rivas Lago, Ramón Ángel

2021

Libre

3

3

***5152**

Miranda González, José María

2021

Libre

4

4

***6904**

López Lires, Lucía

2021

Libre

5

5

***9330**

López Candia, Florentino

2021

Libre

6

6

***9189**

González Bouzas, Juan Carlos

2021

Libre

7

7

***5275**

Martínez Formoso, Mª Luisa

2021

Libre

8

8

***9716**

Ínsua Fernández, Abel

2021

Libre

9

9

***0986**

Arcos Casas, Bernardo

2021

Libre

10

10

***3866**

Sánchez André, Sergio

2021

Libre

11

11

***0496**

Taibo Rodríguez, Rubén

2021

Libre

12

12

***1069**

García Barrio, Héctor

2021

Libre

13

13

***4242**

Varela Pérez, Manuel

2021

Libre

14

14

***0523**

Rodríguez Varela, Sergio

2021

Libre

15

15

***3049**

Negreira Ferreira, Ángel

2021

Libre

16

16

***9618**

Rivera Branco, Rafael

2021

Libre

17

17

***6603**

Outeiro Padim, Heladio

2021

Libre

18

18

***3190**

García Canosa, Raquel

2021

Libre

19

19

***0884**

Sabarís Hermida, Laura María

2021

Libre

20

20

***4473**

Carreira Méndez, Fco. Javier

2021

Libre

21

21

***7456**

Fernández Trinidad, Juan Ángel

2021

Libre

22

22

***3769**

Lorenzo López, José Daniel

2021

Libre

23

1

***8526**

Caamaño González, José Domingo

2022

Libre

24

2

***8426**

Gómez Rodríguez, Juan Antonio

2022

Libre

25

3

***5114**

Varela Cespón, Ricardo Rafael

2022

Libre

26

4

***4177**

Puñal Prieto, José Carlos

2022

Libre

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de patrón/oa.

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Convocatoria

Acceso

1

1

***5725**

Toucedo Rebollido, Jesús María

2022

Libre

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico/a.

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Convocatoria

Acceso

1

1

***5162**

Maneiro Paz, Juan José

2022

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón/oa e mecánico/a.

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Escala

Nivel

Formación

Observacións

1

PEC010000115770056

Subinspector/a

PE

Subdirección Xeral Gardacostas de Galicia

Gabinete conselleiro/a

Santiago de Compostela

A2-C1

ECC/ECGC/EMGC

16

954

Horario especial

2

PEC993001015720025

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

3

PEC991091036560037

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

4

PEC993001036590033

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

5

PEC994030136235035

Patrón/oa

PE

Instituto Galego de Formación en Acuicultura Illa de Arousa

Servizos periféricos

A Illa de Arousa

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

6

PEC991091015510010

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

7

PEC993001015720046

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

8

PEC993001036590030

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

9

PEC993001015350010

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

10

PEC993001015350032

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

11

PEC991091015700031

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

12

PEC991091015001030

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

13

PEC991091015001037

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

14

PEC991091027650021

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Celeiro)

Servizos periféricos

Viveiro

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

15

PEC991091027650032

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Celeiro)

Servizos periféricos

Viveiro

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

16

PEC991091036560038

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

17

PEC991091036560040

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

18

PEC993001036001031

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

19

PEC993001036001033

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

20

PEC991091015510031

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

21

PEC993001015350031

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

22

PEC993001036590032

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

23

PEC991091015700032

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

24

PEC993001036001021

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

25

PEC991091036560020

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

26

PEC991091015510032

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

27

PEC991091015001033

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

28

PEC993001015720014

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

29

PEC991091036560030

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

30

PEC991091036560010

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

31

PEC993001015720045

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

32

PEC993001015720042

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

33

PEC991091015700012

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

34

PEC993001015350011

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

35

PEC993001015350021

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ferrol)

Servizos periféricos

Ferrol

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

36

PEC991091015700011

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

37

PEC991091015700021

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

38

PEC991091015700022

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

39

PEC991091027650010

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Celeiro)

Servizos periféricos

Viveiro

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

40

PEC991091015510030

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

41

PEC991091036560021

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

42

PEC993001036590010

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

43

PEC991091015510022

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

44

PEC991091015001020

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

45

PEC993001036001020

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

46

PEC991091015510012

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

47

PEC993001036590020

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

48

PEC993001036001011

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

49

PEC993001036590023

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

50

PEC991091015510021

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Muxía)

Servizos periféricos

Muxía

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

51

PEC991091027650011

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Celeiro)

Servizos periféricos

Viveiro

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

52

PEC993001036590012

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

53

PEC991091027650020

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Celeiro)

Servizos periféricos

Viveiro

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

54

PEC993001036590022

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

55

PEC993001036590037

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vilagarcía)

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

56

PEC993001015720040

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

57

PEC993001015720041

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

58

PEC991091015001036

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

59

PEC993001015720050

Vixilante-mariñeiro/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

C1

ECC

14

107-954

Horario especial

60

PEC991091036560007

Subinspector/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

A2-C1

ECC/ECGC/EMGC

16

954

Horario especial

61

PEC991091015700020

Mecánico/a

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC/ECG2

16

106-954

Horario especial

62

PEC010000115770052

Subinspector/a

PE

Subdirección Xeral Gardacostas de Galicia

Gabinete conselleiro/a

Santiago de Compostela

A2-C1

ECC/ECGC/EMGC

16

954

Horario especial

63

PEC991091015700010

Patrón/oa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Portosín)

Servizos periféricos

Porto do Son

C1

ECC/ECG1

18

105-954

Horario especial

64

PEC993001015720001

Xefatura unidade operativa

PE

Unidade Operativa de Gardacostas (Ribeira)

Servizos periféricos

Ribeira

A1-A2-C1

ECC/ECGC/EMGC/ESGC

22

954

Horario especial

Formacións específicas

Código

Descrición

105

Libreta de navegación. Título profesional de patrón de altura sen restricións para o mando ou calquera outra titulación náutica da mariña mercante que teña atribucións profesionais de despacho de buques igual ou superior á anterior. Título de operador restrinxido do sistema mundial de socorro e seguridade marítima (SMSSM). Certificado de suficiencia en formación básica en seguridade. Certificado de formación sanitaria específica avanzado. Os funcionarios manterán en vigor todos os títulos, certificados e requisitos exixidos pola normativa vixente (R.I.).

106

Libreta de navegación. Título profesional de mecánico maior naval habilitado para exercer a xefatura de máquinas en buques de potencia de ata 3.000 kW ou calquera outra titulación náutica da mariña mercante que teña atribucións profesionais de despacho de buques igual ou superior á anterior. Certificado de suficiencia en formación básica en seguridade. Os funcionarios manterán en vigor todos os títulos, certificados e requisitos exixidos pola normativa vixente (R.I.).

107

Libreta de navegación. Certificado de suficiencia de mariñeiro de ponte da mariña mercante ou calquera outra habilitación náutica da mariña mercante que teña atribucións profesionais de despacho de buques igual ou superior ao anterior. Certificado de suficiencia en formación básica en seguridade. Os funcionarios manterán en vigor todos os certificados e requisitos exixidos pola normativa vixente (R.I.).

954

Permiso de conducir B (R.I.).

Escalas

ECC

Escala da axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

ECGC

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia

EMGC

Escala executiva do Servizo de Gardacostas de Galicia

ESGC

Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia

ECG1

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia-especialidade patrón/a

ECG2

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia-especialidade mecánico/a