DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58118

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedráticas e catedráticos de universidade.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 4 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.

Este reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

3C/24

Mª Dolores

Seijo Martínez

***6645**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Psicoloxía Social

Ciencia Política e Socioloxía

Santiago de Compostela

A00825

9C/24

Juan José

Nieto Montero

***8781**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Dereito Financeiro e Tributario

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

A00831

14C/24

Mª de la Luz

Gil Docampo

***9171**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría

Enxeñaría Agroforestal

Lugo

A00836

35C/24

David

Araujo Vilar

***9131**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Medicina

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Santiago de Compostela

A00857

36C/24

Luís Guillermo

Valdés Cuadrado

***9940**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Medicina

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Santiago de Compostela

A00858

37C/24

Mª Carmen

Vidal Pan

***5037**

Catedráticas y catedráticos de universidade

Medicina

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Santiago de Compostela

A00859

44C/25

Manuel

Vera Rodríguez

***7933**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Xenética

Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física

Lugo

A00866

45C/25

Andrés

Baselga Fraga

***3343**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Zooloxía

Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física

Santiago de Compostela

A00867

49C/25

Rafael

López López

***3782**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Medicina

Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Santiago de Compostela

A00870