A consellería con competencias en materia de cultura, lingua e xuventude convocou, para o ano 2026, a través da Orde do 21 de agosto de 2025, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (Diario Oficial de Galicia número 179, do 17 de setembro).
O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, no artigo 10 da Orde do 21 de agosto de 2025 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
O artigo 12 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.
Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento o 30 de outubro de 2025, no cal se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo desta resolución.
2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Requirimento de emenda de solicitudes
Convocatoria: Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).
Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025.
Data do acto: 30 de outubro de 2025.
Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.
Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Relación de expedientes:
|
Nº de expediente |
Solicitante |
NIF da entidade |
Documentación requirida |
|
BS508E 2026/019 |
Asociación Escola Rural de Saúde da Limia |
G32426025 |
– Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/027 |
Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado |
P3604200J |
– Anexo IV: revisar os puntos 1 e 2 – Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 10.1.b) – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/029 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
– Proxecto de actividades: revisar as datas de fin de proxecto para que sexan acordes co artigo 1.1 e o número de persoas voluntarias nas actividades – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/031 |
Concello de Guitiriz |
P2702200C |
– Proxecto de actividades: revisar os gastos indicados para que sexan acordes co artigo 8 e engadir o número de persoas beneficiarias – Anexo I e/ou proxecto de actividades: as datas de inicio e fin de proxecto non coinciden – Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 10.1.b) – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/032 |
Concello de Mos |
P3603300I |
– Anexo I: revisar a información nas táboas de gastos e fontes de financiamento e o número de persoas beneficiarias – Proxecto de actividades (artigo 10.1.a) – Anexo IV: revisar os puntos 1 e 2 – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/033 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
– Anexo I: revisar o número de persoas beneficiarias e as partidas da táboa de gastos para que sexan acordes co indicado no proxecto de actividades – Anexo I e/ou proxecto de actividades: a data de inicio do proxecto non coincide – Proxecto de actividades: indicar o número de persoas beneficiarias, revisar as referencias á data de fin de proxecto para que sexa acorde co artigo 1.1 e as partidas de gastos para que sexan acordes co artigo 8 – Anexo II: presentar asinado – Anexo III: presentar asinado – Anexo IV: presentar asinado – Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 10.1.b) – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/035 |
Xeracción, Sociedade Cooperativa Galega |
F32479040 |
– Anexo 1: indicar a porcentaxe das liñas de actuación indicadas e revisar o número de persoas voluntarias e a táboa de gastos – Anexo III (artigo 10.1.e) – Proxecto de actividades (artigo 10.1.a) – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
|
BS508E 2026/036 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
– Anexo I (artigo 10.1) – Anexo II (artigo 10.1.d) – Anexo III (artigo 10.1.e) – Anexo IV (artigo 10.1.f) – Proxecto de actividades (artigo 10.1.a) – Declaración das persoas beneficiarias que desenvolvan actividades económicas da inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (artigo 10.1.g) |
