DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58201

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A).

Antecedentes:

A enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) é unha enfermidade vírica infecciosa, non contaxiosa, que se transmite a través da picadura de distintas especies de dípteros do xénero Culicoides, que actúan como reservorio e vector biolóxico do virus. Esta enfermidade afecta tanto ruminantes domésticos como silvestres, e de forma especial, bovinos e cérvidos, e non afecta en ningún caso ás persoas.

No gando vacún pode producir frecuentemente infección asintomática ou clínica moderada, pero nalgúns casos pode chegar a provocar cadros clínicos máis graves, secuelas a medio/longo prazo e, incluso, a morte dos animais. Entre os síntomas máis comúns nos casos en que se presenta clínica no gando vacún cabe destacar febre, lesións en mucosa bucal, coxeiras por inflamación do rodete coronario, inflamación da lingua, diarrea hemorráxica e abortos.

Historicamente, a EHE detectouse en América do Norte, Australia, Asia e África, pero nunca se detectou na Unión Europea, ata que en novembro de 2022 as autoridades italianas comunicaron a detección do virus en explotacións de gando bovino na illa de Cerdeña, e máis tarde, en Sicilia. Ese mesmo mes e ano diagnosticouse xa a enfermidade no sur de España. A enfermidade propagouse moi rapidamente a partir do comezo do período de actividade vectorial en 2023 desde a zona suroeste de España cara ao resto da península, e afectou a totalidade do territorio peninsular. O serotipo causante do brote que afectou a UE é o 8.

En Galicia, os primeiros casos da enfermidade foron declarados o 23 de setembro de 2023 na provincia da Coruña, e estiveron afectadas nese ano máis de 600 explotacións galegas, principalmente nas provincias da Coruña e Lugo, e en menor medida, nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Tras o período estacionalmente libre do vector transmisor, a enfermidade volveu aparecer na nosa Comunidade Autónoma o 12 de xuño de 2024, na comarca de Verín, en Ourense, e estendeuse a enfermidade rapidamente pola maioría das comarcas desta provincia, e máis tarde polas restantes provincias galegas.

A EHE é unha enfermidade de notificación obrigatoria, de acordo co Regulamento de execución (UE) nº 2020/2002 da Comisión, do 7 de decembro de 2020, e co Real decreto 779/2023, do 10 de outubro, polos que se establece a comunicación de enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación, na UE e en España respectivamente. Como consecuencia das obrigas establecidas nesta normativa, a Subdirección Xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural conta cun rexistro de todas as explotacións que declararon casos da enfermidade, así como da identificación dos animais declarados con síntomas, os mortos, e o resultado, se é o caso, das análises laboratoriais.

Ademais, esta enfermidade atópase clasificada, de acordo co Regulamento de execución (UE) nº 2018/1882 da Comisión, do 3 de decembro de 2018, como enfermidade de categoría D+E, debendo ser obxecto de vixilancia e da adopción de medidas en relación cos movementos de animais susceptibles con destino a outros Estados membros e coa súa introdución na UE.

Do mesmo modo, a EHE é unha enfermidade listada e para a que existen condicións de movementos no Código sanitario para os animais terrestres da Organización Mundial para a Sanidade Animal (OMSA), polo que a súa aparición afecta tamén os mercados con países terceiros.

A enfermidade provocou importantes perdas económicas nas explotacións de vacún afectadas, causadas polos custos derivados dos tratamentos veterinarios que precisaron os animais enfermos e as mortalidades ocasionadas, así como os tratamentos desinsectantes en animais e instalacións como método de loita fronte ao vector transmisor do virus. Estas perdas poñen en perigo a viabilidade económica das explotacións afectadas.

O sector do gando vacún en Galicia é estratéxico para a nosa Comunidade Autónoma en todos os ámbitos, tanto económico como social e medioambiental, e contribúe ademais ao mantemento do patrimonio xenético das razas autóctonas galegas e ao mantemento da paisaxe e modos de vida tradicionais galegos.

Por este motivo, a Consellería do Medio Rural considerou necesario articular axudas directas a todas as persoas titulares das explotacións bovinas afectadas pola EHE, nunha situación excepcional en que concorrían razóns de interese público, para facilitar o sostemento económico e financeiro da actividade das explotacións gandeiras afectadas, de modo que se compensase o prexuízo causado pola situación sanitaria creada, para manter a súa actividade produtiva, e evitar abandonos dela, co conseguinte risco de despoboamento, e facilitando, polo contrario, a fixación da poboación no medio rural, e o mantemento dos postos de traballo correspondentes neste.

Para estes efectos, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 17, do 27 de xaneiro de 2025, a Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A), na que se regulou o procedemento para tramitar axudas directas que compensasen as persoas produtoras polas perdas ocasionadas polas mortes debidas á enfermidade, así como os custos dos tratamentos veterinarios e desinsectantes producidos. Mediante Resolución do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, publicouse a resolución das subvencións directas, aprobadas e denegadas, destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia, para o ano 2025, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024.

A mencionada Resolución do 30 de decembro de 2024 regulou o procedemento para tramitar estas axudas para as persoas titulares das explotacións afectadas que declarasen a enfermidade e obtivesen os correspondentes resultados analíticos ata o 5.12.2024. Non obstante, houbo algunhas explotacións afectadas e mortes ocasionadas pola enfermidade con posterioridade a esa data, así como resultados laboratoriais tamén obtidos despois dela. Polo tanto, cómpre establecer o procedemento para tramitar as correspondentes axudas a estas explotacións.

Esta resolución ten por obxecto a concesión directa de axudas destinadas a compensar os prexuízos económicos provocados nas explotacións galegas de gando vacún pola EHE, co obxecto de minorar os efectos da enfermidade e asegurar a súa supervivencia, para aquelas explotacións con sospeitas declaradas ou mortes acontecidas pola enfermidade despois do 5.12.2024, ou nas cales se obtivesen os resultados laboratoriais despois desa data.

Estas axudas tramitaranse coa maior celeridade administrativa posible para que as explotacións poidan soportar a tensión económica que están sufrindo como consecuencia desta situación excepcional e que, de non achegarse, podería derivar mesmo en abandono da actividade gandeira. Polo tanto, son necesarias estas medidas de apoio ás explotacións afectadas para así garantir a viabilidade da súa actividade e favorecer o mantemento do medio rural.

No cumprimento do artigo 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, para as persoas físicas non obrigadas a relacionarse electronicamente coa Administración, xustifícase, para este procedemento de concesión, a obrigatoriedade de comunicarse electronicamente coa Administración por teren a capacidade técnica e a dispoñibilidade para o acceso aos medios electrónicos necesarios.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Real decreto 961/2024, do 24 de setembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica (BOE núm. 232, do 25 de setembro de 2024) aproba as bases reguladoras destas axudas, e sinala que as comunidades autónomas as outorgarán, ao abeiro do previsto no artigo 22.2.c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, en relación co establecido nos puntos 2 e 3 do artigo 28 da dita lei, e no artigo 67 do seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, de modo que serán elas as que convocarán as subvencións mediante un acto administrativo que incoe o procedemento no seu territorio, así como tramitarán, resolverán, pagarán e controlarán o emprego dos fondos.

A dita norma sinala tamén que en virtude do principio de autonomía financeira e conforme as competencias das comunidades autónomas, estas decidirán o modo concreto da súa xestión, dentro do dito modelo de concesión directa do artigo 22.2 c), que poderá consistir na presentación de solicitudes por parte das potenciais persoas interesadas ou no outorgamento de oficio pola Administración ás que cumpran os requisitos, conforme a información que conste en poder da autoridade competente, co fin de reducir as cargas administrativas ás interesadas. Deste xeito esta norma sinala que toda referencia no mencionado real decreto á convocatoria que aproben as respectivas comunidades autónomas debe entenderse referida ao acto administrativo que inicie de oficio o procedemento para a súa concesión directa, con ou sen achega de solicitude pola persoa interesada.

Segunda. De conformidade co Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, correspóndelle a este órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias alimentarias, montes, prevención e defensa dos incendios forestais. Así mesmo, correspóndelle o impulso da actividade económica asociada ao sector forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación en materia forestal, sen prexuízo das competencias das vicepresidencias e outras consellerías da Xunta de Galicia. Estas competencias exerceranse de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española, na forma establecida neste decreto.

No exercicio das ditas competencias, a Consellería do Medio Rural tramitará a concesión e o pagamento de axudas directas ás explotacións de gando vacún de Galicia afectadas pola EHE, que estarán dirixidas a paliar os prexuízos económicos producidos por esta enfermidade, e co obxecto de asegurar a súa sustentabilidade.

Terceira. A concesión destas axudas realizarase de forma directa de conformidade co establecido no artigo 22.2.c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 67 do seu Regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; os artigos 19.4.c) e 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao acreditarse razóns de interese público, social, económico e humanitario que dificultan a súa convocatoria pública.

Cuarta. Estas axudas axústanse ao disposto no artigo 26 do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e cumpren todos os seus requisitos: a EHE é unha enfermidade recollida na lista de enfermidades animais do artigo 5.1 do Regulamento (UE) nº 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello, no anexo III do Regulamento (UE) nº 2021/690 do Parlamento Europeo e do Consello, e na lista de enfermidades animais do Código sanitario para os animais terrestres elaborado pola Organización Mundial de Sanidade Animal; as axudas páganse directamente á persoa produtora; non existe dolo, culpa ou neglixencia nas operadoras; e cúmprese o prazo de tres anos desde a produción do dano.

Vista a Lei 38/2003, do 17 de novembro, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de conformidade coas competencias que me atribúe o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Primeiro. Procedemento

O procedemento de concesión das axudas será o de concesión directa, conforme o previsto no artigo 22.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os artigos 19.4.c) e 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Este procedemento atópase recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento MR558A.

Segundo. Obxecto da resolución

Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento de concesión directa de axudas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos nas explotacións galegas de gando vacún a consecuencia da EHE.

Terceiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas, ou as entidades sen personalidade xurídica, titulares de explotacións de gando bovino inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, calquera que sexa a súa clasificación conforme o Real decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas, a excepción das explotacións do tipo centros de concentración e as explotacións ou centros de corentena. As explotacións beneficiarias deberán estar en estado de alta no rexistro e manter animais localizados nelas, na data desta resolución.

2. Poderán percibir estas axudas:

a) As persoas titulares de explotacións localizadas en Galicia e que declarasen, conforme o Real decreto 779/2023, do 10 de outubro, polo que se establece a comunicación de enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación, casos de EHE desde o 6.12.2024 ata o 10.4.2025, e nos cales, ou ben os resultados laboratoriais confirmaron a enfermidade, ou ben os servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural determinaron a existencia dela.

b) Tamén poderán percibir estas axudas as persoas titulares de explotacións galegas que declarasen casos de EHE o 5.12.2024 ou anteriormente a esa data, e nas cales se producisen mortes que se considerasen ocasionadas pola enfermidade con posterioridade ao 5.12.2024, ou nas que se obtivesen os resultados laboratoriais positivos ou fosen consideradas afectadas despois desa data.

Unicamente se terán en conta aquelas declaracións da existencia da enfermidade que se producisen inmediatamente tras detectarse esta.

3. Para identificar estas explotacións utilizarase o rexistro elaborado pola Subdirección Xeral de Gandaría, que contén todos os casos declarados da enfermidade.

Cuarto. Requisitos

As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos, para teren dereito ás axudas:

1. Os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non ter a consideración de empresa en crise, segundo a definición recollida na Comunicación da Comisión-directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise.

3. Cumprir os requisitos para ter a consideración de peme, recollidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.

4. Non estar suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

5. Non ter sido sancionada en firme en vía administrativa en materia de sanidade, identificación, benestar animal, hixiene ou seguridade alimentaria, nos últimos 12 meses anteriores á data desta resolución, salvo que se tratase dunha infracción leve en que estivese corrixida a causa da sanción e non xerase beneficio para a persoa interesada.

Quinto. Actuacións subvencionables e contía da axuda

Estas axudas subvencionan as seguintes actuacións, nas contías que se sinalan:

1. As mortes producidas pola enfermidade:

a) As mortes producidas desde o 6.12.2024, declaradas polas persoas interesadas, e nas cales os animais mortos obtivesen un resultado positivo a EHE no diagnóstico laboratorial, ou fosen consideradas polos servizos veterinarios oficiais como ocasionadas por esta, no caso de que non fose posible realizar a correspondente toma de mostras, sempre que a enfermidade estivese confirmada laboratorialmente noutros animais.

b) Tamén os animais mortos declarados como sospeitosos desta enfermidade o 5.12.2024 ou antes desa data, en que os resultados se obtivesen logo do 5.12.2024, e os animais resultasen positivos ou se considerasen afectados.

As contías das axudas para estes animais mortos serán as seguintes:

– Bovinos de idade menor a 4 meses: 400,00 €.

– Bovinos de idade maior ou igual a 4 meses, e menor de 18 meses: 900,00 €.

– Bovinos de idade maior ou igual a 18 meses, e menor de 120 meses: 1.600,00 €.

– Bovinos de idade 120 meses ou máis: 1.000,00 €.

A idade que se terá en conta calcularase na data de morte do animal, e tomarase como referencia a data de nacemento que figura na base de datos oficial do Rexistro Individual dos Animais.

Para identificar os animais mortos pola enfermidade utilizarase o rexistro elaborado pola Subdirección Xeral de Gandería, que contén todos os casos declarados da enfermidade, así como os animais mortos a causa desta.

Unicamente se terán en conta, para os efectos destas axudas, as mortes pola enfermidade declaradas inmediatamente a que se producisen.

2. Os custos dos tratamentos veterinarios para os animais afectados pola enfermidade. Para a aplicación dos ditos custos consideraranse os criterios que se especifican a continuación:

a) Considéranse animais afectados aqueles declarados polas persoas interesadas desde o 6.12.2024 ata o 10.4.2025, nos cales se obtivesen un resultado positivo a EHE no diagnóstico laboratorial, ou os animais mortos desde o 6.12.2024 considerados afectados por ela polos servizos veterinarios oficiais, no caso de que non fose posible realizar a correspondente toma de mostras, sempre que se confirmase a enfermidade noutros animais da explotación.

b) Tamén se considerarán animais afectados no marco desta resolución os declarados como sospeitosos desta enfermidade o 5.12.2024 ou antes desa data, en que os resultados se obtivesen logo do 5.12.2024, e os animais resultasen positivos, ou se considerasen afectados pola enfermidade polos servizos veterinarios oficiais no caso de que non fose posible realizar a correspondente toma de mostras, sempre que se confirmase a enfermidade noutros animais da explotación.

Para identificar os animais afectados utilizarase o rexistro elaborado pola Subdirección Xeral de Gandería, que contén todos os casos declarados da enfermidade, así como todos os resultados laboratoriais obtidos nos animais mostrexados.

A contía da axuda neste caso, para o punto 2, será de 100,00 € por animal afectado pola EHE.

3. Os custos de uso de desinsectantes en animais e instalacións das explotacións afectadas. Para a aplicación dos ditos custos consideraranse os criterios que se especifican a continuación:

a) Considéranse explotacións afectadas aquelas en que as persoas titulares declarasen casos de EHE desde o 6.12.2024 ata o 10.4.2025, e nas cales, ou ben os resultados laboratoriais confirmaron a enfermidade nalgún animal, ou ben os servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural determinaron a existencia de animais afectados por ela, no caso de que non fose posible realizar a correspondente toma de mostras, sempre que na explotación se diagnosticase a existencia da enfermidade noutros animais.

b) Tamén se considerarán explotacións afectadas aquelas que declararon a enfermidade o 5.12.2024 ou antes desa data, en que os resultados se obtivesen logo do 5.12.2024, e os animais resultasen positivos ou se considerasen afectados polos servizos veterinarios oficiais.

Para identificar estas explotacións utilizarase o rexistro elaborado pola Subdirección Xeral de Gandería, que contén todos os casos declarados da enfermidade.

c) En todo caso, non terán dereito á axuda polo custo de desinsectantes deste punto 3 aquelas persoas titulares de explotacións que xa fosen beneficiarias desta liña na Resolución do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se publica a resolución das subvencións directas, aprobadas e denegadas, destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia, para o ano 2025, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A).

d) O censo das explotacións para o cálculo da axuda por desinsectantes deste punto 3 obterase das bases de datos oficiais da Consellería do Medio Rural á data do 12 de xuño de 2024, data da declaración oficial nese ano do primeiro foco da enfermidade en Galicia. No caso de que algunha explotación afectada se dese de alta no rexistro con posterioridade á data indicada, o censo obterase na data en que se declarase a enfermidade nela por parte da persoa titular da explotación.

A contía de axuda neste caso, para o punto 3, será de 20,00 € por animal censado na explotación, cun máximo de 4.000,00 € por explotación.

4. Os datos e o estado das explotacións gandeiras e dos animais, das persoas beneficiarias costan no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia e no Rexistro de Identificación Individual dos Animais de Galicia.

Sexto. Réxime de compatibilidade con outras axudas

As axudas reguladas nesta resolución son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou dos organismos internacionais, sempre e cando a contía en concorrencia de todas elas non supere a intensidade máxima da axuda, que para estas axudas é do 100 % dos custos subvencionables, e en cumprimento do establecido no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.

Sétimo. Financiamento

Estas axudas, que son cofinanciadas ao 50 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, financiaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, onde existe crédito axeitado e suficiente:

15.04.713E.770.4, cunha dotación de 96.020,00 € (noventa e seis mil vinte euros).

Proxecto 2011 00882.

Oitavo. Relación de persoas beneficiarias

1. No anexo II desta resolución, logo de consultar o rexistro de explotacións e animais afectados e mortos pola enfermidade elaborado pola Subdirección Xeral de Gandería, así como a información das bases de datos oficiais do Rexistro de Explotacións Gandeiras e o Rexistro Individual dos Animais de Galicia, recóllese a relación provisional das persoas beneficiarias, que, por cumprir o establecido nos puntos terceiro (persoas beneficiarias) e cuarto (requisitos), segundo a información da que dispón a Administración, poderán aceptar esta axuda.

2. Na citada relación provisional especifícase, para cada persoa beneficiaria, a contía da axuda que lle corresponde, en aplicación do establecido no punto quinto desta resolución e segundo os datos facilitados pola Subdirección Xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural.

3. A relación recollida no anexo II desta resolución ten carácter provisional e non cabe formular alegacións contra ela, nin é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo da facultade das persoas interesadas de interpoñer recurso de reposición contra a listaxe definitiva.

Noveno. Prazo de presentación da aceptación da axuda

1. As persoas incluídas na mencionada relación provisional disporán dun prazo de 10 días hábiles para aceptar a axuda, excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os días declarados festivos, e que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia a ela.

Décimo. Forma e lugar de presentación da aceptación

1. As persoas beneficiarias incluídas na listaxe provisional sinalada para poder percibir a axuda deberán presentar a aceptación da axuda, empregando o formulario que se recolle como anexo I nesta resolución (procedemento MR558A), e no que se indicará o número de conta bancaria (código IBAN) para o pagamento da axuda.

No caso de persoas titulares de varias explotacións afectadas (varios códigos Rega), deberán presentar unha aceptación independente para cada unha das explotacións.

2. Forma parte do formulario de aceptación da axuda (anexo I desta resolución) a declaración doutras axudas concedidas ou solicitadas para este mesmo fin, así como a declaración do cumprimento dos requisitos establecidos no punto cuarto.

3. Este formulario de aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I, procedemento MR558A) na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa aceptación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da aceptación aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Décimo primeiro. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar co formulario de aceptación da axuda o documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito, e copia dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos, se é o caso.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario de aceptación, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da aceptación e o número de expediente, se se dispón del.

Décimo segundo. Trámites administrativos posteriores á presentación da aceptación da axuda

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación do formulario de aceptación da axuda deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo terceiro. Emenda e mellora do formulario de aceptación

A persoa interesada que non presente o formulario de aceptación da axuda (o anexo I desta resolución) correctamente cuberto ou a documentación complementaria que corresponda, ou non emende a falta, os datos ou os documentos erróneos, ou ben o formulario non reúna os requisitos previstos, no prazo de dez días hábiles (excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos) desde o momento en que lle foi notificado o erro ou a falta, darase por desistida da súa aceptación e, logo de ditada a resolución para o efecto, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Décimo cuarto. Comprobación de datos

1. Para tramitar estas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa comunicante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade comunicante.

d) NIF da entidade representante.

e) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Concesións de subvencións e axudas.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

i) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente (anexo I desta resolución) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo quinto. Tramitación, resolución e pagamento da axuda

1. O órgano competente para a tramitación deste procedemento de concesión é a Subdirección Xeral de Gandaría.

2. Unha vez recibidas as aceptacións das axudas, serán examinadas polo órgano xestor, que de observar deficiencias, requirirá a súa emenda á persoa beneficiaria. Ademais, o órgano xestor comprobará o cumprimento por parte das persoas beneficiarias de todos os requisitos previstos no punto cuarto desta resolución.

3. Efectuadas as comprobacións pertinentes e verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, a persoa titular da Subdirección Xeral de Gandaría emitirá a proposta de resolución.

4. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural, do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución, na que figurará a relación definitiva de persoas beneficiarias.

5. O prazo máximo para ditar a resolución citada no número 4 anterior será de dous meses desde a publicación desta resolución, que contén a relación provisional das persoas beneficiarias, no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, a resolución ditarase no exercicio orzamentario 2025.

Transcorrido o prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas aceptacións, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Fronte á resolución na que figure a relación definitiva de persoas beneficiarias poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a mesma data, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. O pagamento da axuda efectuarase no número de conta bancaria achegado pola persoa beneficiaria na comunicación de aceptación da axuda.

Décimo sexto. Notificacións

1. As notificacións e os actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten no formulario de aceptación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear, de oficio, o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo sétimo. Publicación dos actos

Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución definitiva de concesión e de denegación das axudas, que producirá os efectos da notificación.

Décimo oitavo. Reintegro das axudas

Conforme o establecido no artigo 40.1.g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, procederá o reintegro da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Décimo noveno. Control e verificación

Todas as axudas concedidas ao abeiro desta resolución estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento, e ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas de Galicia, polo que as persoas beneficiarias quedan obrigadas a facilitar toda a información que lle sexa requirida por estes no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Vixésimo. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a proporcionarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da devandita lei, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Vixésimo primeiro. Base de datos nacional de subvencións (BDNS)

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Listaxe provisional de persoas beneficiarias das subvencións directas

Datos da explotación

Actuacións subvencionables

Animais mortos

Tratamentos veterinarios

Uso de desinsectantes

Importe total da subvención (€)

Apelidos e nome/razón social

Núm.
DNI/NIF

Código Rega

Núm. animais

Importe que se pagará (€)

Núm. animais afectados

Importe tratamentos veterinarios (€)

Censo de animais na explotación a 12.6.2024

Importe dos desinsectantes (€)

A Encomenda, S.C.

***3789**

ES270240010301

0

- €

1

100,00 €

103

2.060,00 €

2.160,00 €

Agrícola Junquera Colmeiro, S.C.

***2215**

ES360590071301

0

- €

1

100,00 €

141

2.820,00 €

2.920,00 €

Aira Díaz, Carmen

***1248**

ES270570015201

1

1.000,00 €

1

100,00 €

5

100,00 €

1.200,00 €

Alvaredo, S.C.

***3426**

ES270570201001

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Ares Vázquez, S.C.

***3684**

ES270230061001

0

- €

1

100,00 €

92

1.840,00 €

1.940,00 €

Arias Rodríguez, Vanesa

***4409**

ES270570059201

0

- €

1

100,00 €

72

1.440,00 €

1.540,00 €

Camoira, S.C.

***7349**

ES270400031201

0

- €

4

400,00 €

97

1.940,00 €

2.340,00 €

Canda Louzao, José

***0494**

ES360240174501

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Carballo Rodríguez, Aurelia

***1666**

ES270620015501

0

- €

4

400,00 €

30

600,00 €

1.000,00 €

Carral Fernández, Diego

***7371**

ES270580011101

1

1.600,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.700,00 €

Casa Pedro, S.C.

***1194**

ES360180048701

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Caxigueiro, S.C.

***4477**

ES270570080701

0

- €

1

100,00 €

70

1.400,00 €

1.500,00 €

Corral Lázara, Rocío

***2878**

ES360180034101

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Costa Oliveira, María Conceição

***6118**

ES360240136101

0

- €

2

200,00 €

-

- €

200,00 €

Díaz Díaz, José Antonio

***7272**

ES270420009901

2

3.200,00 €

1

100,00 €

-

- €

3.300,00 €

Domínguez González, Elías

***9994**

ES320430083701

0

- €

1

100,00 €

7

140,00 €

240,00 €

Escuadro, S.C.

***3480**

ES320430045601

1

900,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.000,00 €

Félix, S.C.

***4104**

ES270230073301

1

1.600,00 €

5

500,00 €

139

2.780,00 €

4.880,00 €

Fernández López, María José

***8084**

ES270190072701

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Fernández Lamas, Eva

***5142**

ES270490042801

0

- €

2

200,00 €

68

1.360,00 €

1.560,00 €

Fernández López, Javier

***7098**

ES270180008501

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Fernández Rolle, Ana Remedios

***0859**

ES270300077801

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Fernández Vila, María Carmen

***4701**

ES279010050601

0

- €

2

200,00 €

31

620,00 €

820,00 €

Gallardo, S.C.

***3183**

ES270230048701

0

- €

8

800,00 €

230

4.000,00 €

4.800,00 €

Ganadería Arco da Vella, S.C.

***7249**

ES320860050501

1

1.000,00 €

0

- €

-

- €

1.000,00 €

Ganadería Casa das Moas, S.C.

***7826**

ES270250007001

0

- €

1

100,00 €

52

1.040,00 €

1.140,00 €

Ganadería Coblan, S.C.

***4779**

ES270600064701

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Ganadería García Penerbosa, S.C.

***5603**

ES360470018501

1

1.600,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.700,00 €

Ganadería López Candia, T.C.

***8870**

ES270130037701

0

- €

1

100,00 €

28

560,00 €

660,00 €

Ganadería Margarita, S.C.

***5189**

ES360470071101

1

1.600,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.700,00 €

Gandeiría Rielo, S.C.

***5640**

ES360470022901

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

García Amigo, Emilia

***6736**

ES270120053001

0

- €

1

100,00 €

17

340,00 €

440,00 €

García Ulloa, Alicia

***0534**

ES270060023701

0

- €

1

100,00 €

45

900,00 €

1.000,00 €

García Vázquez, Julia

***0926**

ES360200083301

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Gay Vázquez, María Luisa

***0757**

ES270430022101

0

- €

2

200,00 €

47

940,00 €

1.140,00 €

Ginzo Vale, S.C.

***4058**

ES270050012201

1

1.600,00 €

1

100,00 €

92

1.840,00 €

3.540,00 €

Godoy Baloira, Daniel

***7045**

ES360180065701

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

González López, José Ramón

***9358**

ES360470078501

1

900,00 €

0

- €

-

- €

900,00 €

Granja Cuñarro, Isabel

***9231**

ES360240249601

1

1.600,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.700,00 €

Ledo Janeiro, S.C.

***3785**

ES270160157101

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Lindín Rivas, Javier

***4805**

ES270440051401

0

- €

1

100,00 €

56

1.120,00 €

1.220,00 €

López Fernández, Luis

***5492**

ES270550037401

0

- €

1

100,00 €

72

1.440,00 €

1.540,00 €

López Gutiérrez, Montserrat

***9482**

ES270050067301

0

- €

1

100,00 €

26

520,00 €

620,00 €

López Martínez, Yago

***7930**

ES360540219601

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

López Mondelo, David

***2005**

ES270570015301

2

3.200,00 €

2

200,00 €

65

1.300,00 €

4.700,00 €

Lorenzo Caneiro, Rosa

***2950**

ES150360132301

1

1.000,00 €

0

- €

-

- €

1.000,00 €

Lorenzo Galdo, Fernando

***3619**

ES270020084001

0

- €

1

100,00 €

84

1.680,00 €

1.780,00 €

Louzán Alonso, Roberto

***3393**

ES369020248501

1

400,00 €

1

100,00 €

-

- €

500,00 €

Otero Otero, Delfina

***6929**

ES270630000301

0

- €

1

100,00 €

60

1.200,00 €

1.300,00 €

Pardal Castro, Jesús

***8887**

ES150740089801

0

- €

1

100,00 €

40

800,00 €

900,00 €

Pérez Baldonedo, Manuel Jorge

***5760**

ES270470029101

1

1.000,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.100,00 €

Quiroga Sartal, Fernando

***6904**

ES270410023501

0

- €

1

100,00 €

64

1.280,00 €

1.380,00 €

Regueira Rodríguez, Esmeralda

***6115**

ES270490007101

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Rodríguez Arias, Asunción

***0308**

ES270120043001

0

- €

1

100,00 €

18

360,00 €

460,00 €

Rodríguez Blanco, Alex

***8556**

ES270260023801

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Rodríguez García, Antonio

***1712**

ES320010037101

0

- €

1

100,00 €

11

220,00 €

320,00 €

Rodríguez Gómez, Rober Elvis

***8103**

ES320230045601

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Rodríguez Rodríguez, María Mercedes

***7027**

ES270430012901

0

- €

1

100,00 €

93

1.860,00 €

1.960,00 €

Rojo Leal, Javier

***2459**

ES270010102601

1

1.600,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.700,00 €

Sánchez Pérez, José Luis

***1227**

ES150900032001

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Sánchez Sánchez, Emilio

***3752**

ES270280023901

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Seranisbel, S.C.

***3703**

ES270570033001

0

- €

6

600,00 €

-

- €

600,00 €

Sobrado Deza, Tamara

***0304**

ES360470023401

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Souto Novo, David

***5124**

ES270150153401

1

1.000,00 €

0

- €

-

- €

1.000,00 €

Souto Vivero, Alberto

***9304**

ES270630011501

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Suso e Palma, S.C.

***3628**

ES270250024401

0

- €

1

100,00 €

31

620,00 €

720,00 €

Taboada López, José Antonio

***6457**

ES270580025001

2

3.200,00 €

1

100,00 €

-

- €

3.300,00 €

Vázquez Miguélez, Víctor Manuel

***7743**

ES270030058101

1

1.600,00 €

0

- €

-

- €

1.600,00 €

Vázquez Sánchez, Pablo

***9047**

ES360200019601

0

- €

1

100,00 €

-

- €

100,00 €

Vilariño Varela, María Paz

***9099**

ES360200003601

1

1.600,00 €

1

100,00 €

-

- €

1.700,00 €