Mediante a Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
Respecto do Programa I, contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil por entidades locais, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento TR350E), o artigo 17.3 da referida orde establece que o prazo para xustificar a axuda por parte das persoas beneficiarias de documentación xustificativa finaliza o 30 de novembro de 2025.
Tendo en conta o complexo proceso de selección das persoas para contratar por parte das entidades locais, co fin permitir a correcta xustificación das axudas concedidas, e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o prazo establecido no artigo 17.3 das bases reguladoras para ampliar o prazo de xustificación ata unha data que permita a correcta achega da documentación xustificativa da subvención por parte das entidades locais, non causando con iso prexuízo a terceiros.
Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e condicións previstos na normativa anteriormente citada e tendo en conta todo o exposto,
DISPOÑO.
Artigo 1. Modificación do prazo de xustificación do artigo 17.3 da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z)
Amplíase a data límite para xustificar a axuda por parte das entidades locais prevista no artigo 17.3 da Orde do 13 de agosto, que será a que se sinale na resolución de concesión e, como máximo, o 15 de decembro de 2025.
Artigo 2. Prazo de solicitudes
Esta modificación non afecta os prazos establecidos para a presentación de solicitudes na Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
José Vázquez González
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
