DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58879

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2025, da Xerencia de Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 23 de decembro para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de supervisor/a de unidade-Hospitalización 5ª Cardioloxía.

Convocada pola Resolución CM-02/2024, do 23 de decembro (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025), a provisión dun posto de supervisor/a de unidade-Hospitalización 5ª Cardioloxía, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia da Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para provisión dun posto de supervisor/a de unidade-Hospitalización 5ª Cardioloxía, realizada mediante Resolución CM-02/2024, do 23 de decembro (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 4 de novembro de 2025

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO I

Posto de traballo: supervisora de unidade-Hospitalización 5ª Cardioloxía.

Nome e apelidos: M. Eulalia Pena Núñez.

DNI: ****666**.