DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58881

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2025 pola que se aproba e fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de enfermeiro/a, con acreditación para operar equipos de raios X, grupo II, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 15 de maio de 2025 (DOG do 28 de maio de 2025 e BOE do 23 de xuño de 2025), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enfermeiro/a, con acreditación para operar con equipos de raios X, grupo II, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de agosto de 2025 (DOG do 5 de setembro de 2025) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test) o día 27 de novembro de 2025, ás 10.00 horas, na sala de reunións de profesorado da Facultade de Medicina, rúa de San Francisco, s/n, 15782 Santiago de Compostela. Non se realizará o primeiro exercicio, dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela