Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra no expediente sancionador número PO-01865-O-2025 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 24 de outubro de 2025
Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF do/da denunciado/a |
Infracción denunciada Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-01865-O-2025 0837-BDH |
X7988955C |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 23.6.2025; 11.52; PO-531; 4,719 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-02031-O-2025 3897-GXT |
36175574R |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 23.6.2025; 18.35; PO-552; 18,689 |
Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-02184-O-2025 5577-DRP |
X9176570F |
Exceso de peso superior ao 5 %. 21.7.2025; 11.27; PO-510; 0,5 |
Artigo 142.2 da LOTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT |
301 euros |
