DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 2025 Páx. 58707

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 24 de outubro de 2025 pola que se procede á convocatoria para a concesión do Selo de grao de excelencia a titulacións universitarias de grao, impartidas polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2024/25.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 213, do 4 de novembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 57003, no punto 2 do artigo 4, onde di: «O prazo de presentación de propostas será de dous meses contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O prazo de presentación de propostas será de tres meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia».

Nas páxinas 57009 e 57010, no punto 2 do artigo 11, onde di: «O prazo máximo para resolver as propostas presentadas en relación coas accións especificadas nesta orde será de catro meses, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación de propostas establecido nesta convocatoria», debe dicir: «O prazo máximo para resolver as propostas presentadas en relación coas accións especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación de propostas establecido nesta convocatoria».