DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 2025 Páx. 59014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coriscada repotenciación, sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Sistemas Energéticos Mañón-Ortigueira, S.A. (expediente IN408A 2023/064).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, polo que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coriscada repotenciación, sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Sistemas Energéticos Mañón-Ortigueira, S.A. (expediente IN408A 2023/064).

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de outubro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coriscada repotenciación, sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Sistemas Energéticos Mañón-Ortigueira, S.A. (expediente IN408A 2023/064)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Sistemas Energéticos Mañón-Ortigueira, S.A., en relación coa declaración de utilidade pública do parque eólico Coriscada repotenciación, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola Resolución do 31 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, autorizáronse as instalacións electromecánicas, declarouse a utilidade pública, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial do parque eólico denominado Coriscada (expediente IN407A 96/201-1) (DOG núm. 78, do 24 de abril).

Segundo. Pola Resolución do 7 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Industria, ordenouse a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproban definitivamente os proxectos sectoriais dos parques eólicos Paxareiras I, Paxareiras II-a e Coriscada, de incidencia supramunicipal (DOG núm. 176, do 12 de setembro).

Terceiro. O 4.3.1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria, Comercio e Turismo da Coruña autorizou a posta en servizo do parque eólico.

Cuarto. Con data do 21.12.2023, o promotor, Sistemas Energéticos Mañón Ortigueira, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa da modificación das instalacións de produción de enerxía eléctrica e das súas infraestruturas de evacuación do proxecto denominado Parque eólico Coriscada, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, consistente, en termos xerais, na retirada das actuais infraestruturas (cunha potencia total de 24 MW repartida en 40 aeroxeradores de 600 kW de potencia unitaria) e a instalación de novas máquinas e infraestruturas de conexión entre elas, reducíndose o número de aeroxeradores a 4 unidades, aumentando a dimensión e a potencia unitaria de cada un e modificando a actual subestación transformadora, mantendo a mesma potencia total evacuada.

O 16 de febreiro de 2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle ao promotor o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificación substancial.

Quinto. O 23.10.2024, o promotor, Sistemas Energéticos Mañón Ortigueira, S.A., presentou a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto denominado Parque eólico Coriscada (renovación tecnolóxica).

Sexto. Pola Resolución do 1 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgáronse a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Coriscada, a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coriscada (repotenciación), sito nos concellos de Mañón e Ortigueira (A Coruña) e promovido por Sistemas Energéticos Mañón Ortigueira, S.A. (expediente IN408A 2023/064).

Sétimo. O 7.2.2025, o promotor achegou unha relación de bens e dereitos afectados (RBDA) actualizada, para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Coriscada repotenciación. Nesta documentación preséntase unha actualización sobre as parcelas coas que se acadou un acordo, as parcelas desafectadas e as parcelas que finalmente son obxecto de continuar co trámite de declaración de utilidade pública.

Oitavo. Polo Acordo do 7 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Coriscada (renovación tecnolóxica), nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN408A 2023/064).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 53, e no xornal La Voz de Galicia do 18.3.2025. Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados (Mañón e Ortigueira), e nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, que emitiron o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, non se presentaron alegacións.

Noveno. O 20.3.2025, o Departamento Territorial da Coruña emitiu un informe en que indica que o parque eólico Coriscada repotenciación non afecta ningún dereito mineiro vixente na provincia da Coruña e que non procede, polo tanto, en termos da vixente normativa en materia de minas, ningún trámite de compatibilidade.

Décimo. O 8.4.2025, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiu o certificado de aproveitamentos de masas forestais emitido polo Servizo de Montes da Consellería do Medio Rural da Coruña o 1.4.2025.

Neste certificado indícase «Que, segundo os datos que constan nas bases de datos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a devandita infraestrutura eléctrica pode afectar os montes veciñais en man común de (1) Fraga e Veiga (CMVMC de Ribeiras do Sor), (2) Coriscada e Vilariño (CMVMC da parroquia de Mañón), así como o monte (1) Carabelote e outros, pertencentes ao Catálogo de montes de utilidade pública (núm. 238), (2) Montecalvelo, pertencente ao Catálogo de montes de utilidade pública (núm. 385) e (3) Mañón, pertencente ao Catálogo de montes de utilidade pública (núm. 243), así como o monte Fonte do Toxo ou Pena Branca, patrimonial do concello de Ortigueira, cuxa xestión está consorciada coa Consellería do Medio Rural (elenco C-2044)».

Décimo primeiro. O 12.6.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Ribeiras do Sor, Mañón, Carabelote e outros, Montecalvelo e Mañón (núm. 243), así como o monte Fonte do Toxo ou Pena Branca), concedéndolles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas. O prazo do trámite de audiencia rematou sen que se presentase ningunha alegación.

Décimo segundo. O 11.7.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Coruña o informe do 30.6.2025 en relación co artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no cal conclúe indicando: «non se atoparon limitacións ás constitución de servidumes a que se fai referencia no artigo 161 do Real decreto 1955/2000».

Décimo terceiro. O 14.7.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático solicitou á Dirección Xeral de Ordenación Forestal un informe en relación coa compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Coriscada repotenciación na provincia da Coruña.

Décimo cuarto. O 18.7.2025, o promotor achegou a memoria de relación de bens e dereitos afectados actualizada para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Coriscada repotenciación.

Décimo quinto. O 24.7.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Propiedade Forestal un informe favorable do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña, do 24.7.2025, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Coriscada repotenciación, condicionada a que, previamente ao inicio das actuacións sobre o terreo, se cumpra o establecido no artigo 43 do Regulamento de montes veciñais respecto os acordos referidos a actos de disposición, e no artigo 55 do devandito regulamento sobre o rexistro dos actos de disposición, así como o disposto na Orde do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que se convocan para o ano 2017.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; no que proceda, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. De acordo co artigo 55.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a solicitude da declaración de utilidade pública en concreto deberá incluír unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que o solicitante considere de necesaria expropiación. No mesmo sentido, o artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, exixe que a solicitude de declaración de utilidade pública en concreto inclúa unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos «sobre os cales non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación».

Cuarto. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Quinto. Non se presentaron alegacións durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública.

Sexto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, coas CMVMC de Ribeiras do Sor, Mañón Carabelote e outros, Montecalvelo e Mañón (núm. 243), así como o monte Fonte do Toxo ou Pena Branca, o 24.7.2025, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático o informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña do 24.7.2025, que se transcribe a seguir.

No informe do Departamento Territorial da Coruña indícase:

«Así, atendendo a todo o anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do proxecto co aproveitamento forestal, condicionada a que, previamente ao inicio das actuacións sobre o terreo, se cumpra o establecido no artigo 43 do Regulamento de montes veciñais respecto aos acordos referidos a actos de disposición, e no artigo 55 do devandito regulamento sobre o rexistro dos actos de disposición, así como o disposto na Orde do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, que se convocan para o ano 2017».

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Coriscada repotenciación, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I desta resolución.

Segundo. Declarar a compatibilidade cos montes afectados:

• Fraga e Veiga (CMVMC de Ribeiras do Sor).

• Coriscada e Vilariño (CMVMC da parroquia de Mañón).

• Carabelote e outros, pertencentes ao Catálogo de montes de utilidade pública (núm. 238).

• Montecalvelo, pertencente ao Catálogo de montes de utilidade pública (núm. 385).

• Mañón, pertencente ao Catálogo de montes de utilidade pública (núm. 243).

• Fonte do Toxo ou Pena Branca, patrimonial do concello de Ortigueira, cuxa xestión está consorciada coa Consellería do Medio Rural (elenco C-2044).

Terceiro. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados parque Coriscada repotenciación

Núm. pred.

Datos catastrais

Titulares

Afeccións m2

Pol.

Parc.

Ref. cat. completa

Cultivo

Lugar

Nome

Núm. aero

Pleno dominio

Servidume

Serv. voo aero

Serv. voo aero-vieiro

Serv. voo aero-gabia

Serv. voo

aero- vieiro-gabia

Ocup. temp.

Cim.

Plat.

Sub.

T. met.

Vieiro

Gabia

Vieiro-gabia

Concello de Ortigueira (A Coruña)

6

18

668

15062A018006680000TO

Matogueira

Monte Mañón Mup 243

Monte Mañón CUP 243
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

0,00

0,00

1.270,72

295,31

1.666,80

0,00

0,00

0,00

0,00

881,86

8

18

616

15062A018006160000TZ

Piñeiral madeireiro

Monte Mañón Mup 243

Monte Mañón CUP 243
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

1.626,40

0,00

6.454,69

1.812,43

2.241,21

0,00

0,00

0,00

0,00

2.250,10

9

18

642

15062A018006420000TD

Piñeiral madeireiro

Monte Mañón Mup 243

Monte Mañón CUP 243
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

537,23

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

45,99

10

23

404

002340400PJ03G0001MQ

Industrial

Montecalvelo
15339 Ortigueira (A Coruña)

Concello de Ortigueira

0,00

0,00

1.384,53

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

13

18

653

15062A018006530000TH

Matogueira

Monte Mañón Mup 243

Monte Mañón CUP 243
(Concello de Ortigueira)

CO-03

303,11

14.164,89

0,00

0,00

7.717,97

0,00

0,00

1.832,34

594,81

0,00

0,00

0,00

14

18

643

15062A018006430000TX

Improdutivo

Monte Montecalvelo

Monte Montecalvelo CUP 385
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

0,00

0,00

795,18

122,02

38,06

0,00

0,00

0,00

0,00

130,66

17

24

469

15062A024004690000TO

Matogueira

Monte Montecalvelo

Monte Montecalvelo CUP 385
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

0,00

0,00

4.456,82

368,62

926,75

0,00

0,00

0,00

0,00

684,90

18

24

455

15062A024004550000TW

Matogueira

Regadío Novo

Hros. Faustino Peña Rivera (e outros)

0,00

0,00

0,00

0,00

48,80

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

19

24

451

15062A024004510000TS

Matogueira

Chousa do Chao da Pa

Hros. Faustino Peña Rivera (e outros)

0,00

0,00

0,00

0,00

102,12

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

20

18

655

15062A018006550000TA

Matogueira

Monte Montecalvelo

Monte Montecalvelo CUP 385
(Concello de Ortigueira)

CO-03

373,26

5.750,50

0,00

0,00

19.798,93

4.119,09

3.302,03

8.981,54

2.617,27

141,48

215,97

4.464,53

24

24

482

15062A024004820000TE

Piñeiral madeireiro

Monte Montecalvelo

Monte Montecalvelo CUP 385
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

0,00

0,00

4.051,19

0,00

23,01

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

32

27

494

15062A027004940000TF

Piñeiral madeireiro

Monte Carabelote

Monte Carabelote e outros CUP 238
(Concello de Ortigueira)

0,00

0,00

0,00

0,00

6.257,57

517,56

792,58

3.180,15

871,89

0,00

0,00

2.081,76

Concello de Mañón (A Coruña)

2

18

780

15045A018007800000UZ

Piñeiral madeireiro

Comunal de Ribeiras

MVMC Fraga e Veiga CUP 229
(CMMVVMC Riberas do Sor)

CO-04

676,37

6.182,97

0,00

2.746,12

13.722,65

2.167,38

2.358,03

15.634,85

2.093,13

580,96

111,37

7.911,01

3

17

56

15045A017000560000UR

Matogueira

Monte común Munín

MVMC Fraga e Veiga CUP 229
(CMMVVMC Riberas do Sor)

0,00

0,00

0,00

0,00

97,65

31,61

72,47

0,00

0,00

0,00

0,00

57,26

7

18

781

15045A018007810000UU

Matogueira

Comunal de Mañón

MVMC Coriscada e Vilariño CUP 401
(CMMVVMC Parroquia de Mañón)

0,00

0,00

0,00

0,00

14,77

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

16

20

302

15045A020003020000UP

Matogueira

Coto de Vilariño

MVMC Coriscada e Vilariño CUP 401
(CMMVVMC Parroquia de Mañón)

0,00

9,62

0,00

0,00

534,24

0,00

17,21

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

23

21

492

15045A021004920000UZ

Matogueira

Coriscada

MVMC Coriscada e Vilariño CUP 401
(CMMVVMC Parroquia de Mañón)

CO-02

676,37

2.430,93

0,00

0,00

2.470,72

202,88

0,00

13.310,95

1.820,56

485,40

82,82

2.587,06

29

23

4

002300400PJ03E0001UY

Industrial agr.

San Pedro, 4
Mañón

(A Coruña)

MVMC Coriscada e Vilariño CUP 401
(CMMVVMC Parroquia de Mañón)

0,00

0,00

0,00

0,00

34,45

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

30

21

53

15045A021000530000UG

Matogueira

Monte de Fuxín

MVMC Coriscada e Vilariño CUP 401
(CMMVVMC Parroquia de Mañón)

CO-01

676,37

8.193,28

0,00

0,00

6.916,23

3,95

138,25

12.040,70

1.506,28

0,00

0,00

1.602,86

33

24

1575

15045A024015750000UX

Matogueira

San Pedro

Concello de Mañón

0,00

0,00

0,00

0,00

71,27

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

34

26

26

15045A026000260000UB

Matogueira

Rendados

Mª Inés Novás Giz
Dulce María Novás Giz
Ana María Río Novás

0,00

0,00

0,00

0,00

6,48

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

35

25

23

15045A025000230000UQ

Prados ou pradarías

Leira do Foro

María Campos López

0,00

0,00

0,00

0,00

14,09

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

36

25

22

15045A025000220000UG

Árbores de ribeira

Regacheira

Mª Inés Novás Giz
Dulce María Novás Giz
Ana María Río Novás

0,00

0,00

0,00

0,00

112,72

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

37

26

43

15045A026000430000UR

Matogueira

Rega do Pozo

Dolores Formoso Pena
Rodolfo Formoso Pena
Elisa Formoso Pena
Melania Manciñeira Formoso

0,00

0,00

0,00

0,00

117,65

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

38

26

48

15045A026000480000UE

Prados ou pradarías

Casón

Mª Inés Novás Giz
Dulce María Novás Giz
Ana María Río Novás

0,00

0,00

0,00

0,00

369,88

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

40

25

10

15045A025000100000UE

Árbores de ribeira

Regadío

Dolores Formoso Pena
Rodolfo Formoso Pena
Elisa Formoso Pena
Melania Manciñeira Formoso

0,00

0,00

0,00

0,00

37,14

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

41

26

49

15045A026000490000US

Prados ou pradarías

Leira de Arriba

Melania Manciñeiras Formoso

0,00

0,00

0,00

0,00

48,74

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

42

25

1

15045A025000010000UK

Piñeiral madeireiro

Abaixo Carretera

Manuel Peña Novás

0,00

0,00

0,00

0,00

112,20

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

43

25

777

15045A025007770000US

Eucaliptus

San Roque

Mª Teresa Gómez Rego
Mª José Gómez Rego

0,00

0,00

0,00

0,00

86,68

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

44

25

775

15045A025007750000UJ

Eucaliptus

San Roque

Mª Teresa Gómez Rego
Mª José Gómez Rego

0,00

0,00

0,00

0,00

12,77

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

45

26

83

15045A026000830000UE

Eucaliptus

San Roque

Mª Teresa Gómez Rego
Mª José Gómez Rego

0,00

0,00

0,00

0,00

2,51

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

47

25

5

15045A025000050000UI

Prados ou pradarías

Leira Grande

María Giz Timiraos

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

6.255,32

Tipos de afeccións, en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cim.: cimentación do aeroxerador.

– Plat.: plataforma de montaxe do aeroxerador.

– Sub.: subestación.

– T. met.: plataforma e cimentación da torre meteorolóxica.

• Servidume de paso:

– Vieiro: dereito de paso polos vieiros en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Abrangue a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade de largura de canalización.

– Vieiro-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de vieiro-gabia.

• Serv. de voo aéreo: servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador.

• Serv. voo aero-vieiro-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as tres afeccións, serv. voo-vieiro-gabia.

• Serv. voo aero-vieiro: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de serv. voo e vieiro.

• Serv. voo aero-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de serv. voo e gabia.

• Outras afeccións: ocupación temporal de terreos para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións.