DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 2025 Páx. 59208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se declara á Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Ricardo Antequera Romera.

Antecedentes:

Por Resolución do 4 de decembro de 2024, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ricardo Antequera Romera (ABI/2018/0031).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. nº 308, do 23.12.2024), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 244, do 19 de decembro), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Abuñol (Granada), Vilamartín de Valdeorras e Quiroga por prazo non inferior a trinta días naturais.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos que se acredita o seu falecemento o 26 de agosto de 2018 en Vilamartín de Valdeorras, e que, aínda que tiña outorgado testamento, este resultou ineficaz por premoriencia da persoa instituída. Así mesmo, figuran igualmente incorporados certificados do seu empadroamento no concello de Quiroga, polo que queda xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que cando menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, que comprenden ademais os da súa esposa premorta, Argentina González Rodríguez, que, por derradeiro testamento do 31 de decembro de 1968, instituíu herdeiro de todos os seus bens e dereitos o Sr. Antequera Romera. Todo o anterior, sen prexuízo da inclusión daqueles outros bens e dereitos que se poidan identificar con posterioridade a esta declaración como de titularidade do finado.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e a suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

– Código civil, artigos 657 e seguintes.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6 e 20 bis.8.

– Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Ricardo Antequera Romera, con DNI 40551641L, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles urbanos:

– Casa na parroquia de Outeiro (Santa María), nº 4, segundo o Catastro Inmobiliario nº 8, no concello de Quiroga (Lugo), cunha superficie construída aproximada de 196 m², composta por un andar baixo, que consta de vivenda, que ocupa 82 m², e un almacén de 32 m² e un soto de 82 m². Estrema ao norte coa parcela catastral nº 316; ao sur coa parcela catastral nº 348; ao leste co camiño; e ao oeste coa parcela catastral nº 50.

Referencia catastral: 3304501PH5130S0001LQ.

Valor catastral: 17.786,31 euros.

Inscrición rexistral: non consta.

– Casa na parroquia de Outeiro (Santa María), nº 39, segundo o Catastro Inmobiliario nº 198 do polígono 93, no concello de Quiroga (Lugo), cunha superficie construída aproximada de 128 m², composta por un andar baixo que consta de vivenda que ocupa 64 m² e un soto de 64 m². Estrema ao noroeste e suroeste coa casa nº 15 segundo o Catastro Inmobiliario; ao norleste e ao sur co camiño.

Referencia catastral: 3703602PH5130S0001KQ.

Valor catastral: 5.400,27 euros.

Inscrición rexistral: non consta.

– Unha porcentaxe de dominio dun 20 % do inmoble no lugar de Aira de Arriba, concello de Quiroga (Lugo), parcela catastral nº 5 do polígono 62, cunha superficie aproximada de 65 m². Estrema ao norte coa parcela catastral nº 6; ao sur coa parcela catastral nº 2; ao leste coa parcela catastral nº 4; e ao oeste coa parcela catastral nº 7.

Referencia catastral: 27050A062000050000SG.

Valor catastral: 68,29 euros.

Inscrición rexistral: non consta.

b) Bens inmobles rústicos:

– No concello de Quiroga, identificados pola súa referencia catastral:

27050A061000210000SZ

27050A067000060000SU

27050A067000490000SP

27050A067001050000SW

27050A093000180000SZ

27050A093001640000ST

27050A093003710000SE

27050A093004560000SK

27050A093010550000SZ

27050A093011090000SX

27050A093011100000SR

27050A093011760000SX

– No concello de Quiroga, cunha porcentaxe de dominio dun 20 %, identificados pola súa referencia catastral:

27050A061000160000SE

27050A061000220000SU

27050A061000320000SQ

27050A061000370000SM

27050A061000400000SM

27050A061000420000SK

27050A061000630000SG

27050A061000660000SL

27050A061001170000SH

27050A061001250000SG

27050A061001410000SD

27050A061001530000SW

27050A062000120000ST

27050A062000220000SX

27050A062000380000SQ

27050A062000840000SR

27050A062000970000SW

27050A062001190000SE

27050A062001270000SW

27050A062001310000SA

27050A062001620000SW

27050A062001640000SB

27050A062001860000SE

27050A062001890000SU

27050A062001970000SY

27050A062002270000SY

27050A062002290000SQ

27050A062002310000SG

27050A062002950000SG

27050A062002990000ST

27050A062003040000SK

27050A062003220000SA

27050A062003530000SW

27050A062003700000SO

27050A062003870000SB

27050A062003910000SY

27050A062003960000ST

27050A062004370000SI

27050A067000880000SM

27050A067001060000SA

27050A093002920000SL

27050A093006350000SY

27050A093006820000SK

27050A093010220000SS

27050A093010390000SM

27050A093011280000SQ

– No concello de Quiroga, cunha porcentaxe de dominio dun 3 %, identificado pola súa referencia catastral:

27050A093010720000ST

– No concello de Quiroga, cunha porcentaxe de dominio dun 2,5 %, identificado pola súa referencia catastral:

27050A067002920000SJ

– No concello de Quiroga, cunha porcentaxe de dominio dun 2 %, identificado pola súa referencia catastral:

27050A093010700000SP

c) Contratos e outros efectos bancarios:

Abanca, conta de aforro: ES62 2080 0138 9130 0003 6285.

Banco Santander, conta corrente: ES53 0049 6348 8023 1000 2861.

Banco Santander, depósito a prazo: ES63 0049 3647 9726 9402 5068.

Banco Santander, depósito a prazo: ES10 0049 3647 9022 9403 2315.

Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios dos concellos de Abuñol (Granada), Vilamartín de Valdeorras e Quiroga por prazo non inferior a trinta días naturais.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2025

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio