Expediente: IN407A 2024/311-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT Campiña.
Concello: Oza-Cesuras.
1. Características técnicas:
• Novo centro de transformación intemperie con transformador de 50 kVA e con relación de transformación 15/0,4 V en apoio de celosía de tipo C-3000/14.
• Liña de media tensión aérea (LMTA), de 581 m de lonxitude, condutor LA-56, de 15 kV, con orixe en derivada nun novo apoio proxectado que se vaia intercalar a LMT CES705 e final con CTI proxectado.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 29 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Oza-Cesuras
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Bullo Escabezado 15064B509010490000YD |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Antonio López Sánchez |
1 |
2,0 |
30,56 |
345,0 |
||
|
2 |
Chousa 15064B509010820000YK |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
José Mario Vilariño, Martínez |
67,64 |
832,0 |
||||
|
3 |
Tarreo da Porta 15064B509011160000Y |
Rústico. Agrario. Prados ou praderías |
Manuel Sánchez Bermúdez |
2 |
2,0 |
6,4 |
134,0 |
||
|
4 |
Chousa de Roda 15064B509010830000YR |
Rústico. Agrario. Prados ou praderías |
Hrdos. de Isaura Martín Seoane |
119,98 |
1.918,0 |
||||
|
5 |
Chousa da Roda 15064B509010850000YX |
Rústico. Agrario. Prados ou praderías |
Encarnación Bermúdez Díaz |
3 |
2,0 |
48,74 |
11,89 |
||
|
6 |
Chousa de Arriba 15064B509010860000YI |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
Manuel Sánchez Bermídez |
36,78 |
1.189,0 |
||||
|
7 |
Revolta da Campiña 15064B509007250000YS |
Rústico. Agrario. Matogueira |
José Novo Bermúdez |
0,0 |
475,0 |
||||
|
8 |
Revolta 15064B509007240000YE |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Manuel Gutiérrez García |
0,0 |
511,0 |
||||
|
9 |
Alto 15064B509010880000YE |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Luis Bautista Balle |
4 |
2,0 |
18,4 |
459,0 |
||
|
10 |
Alto 15064B509010890000YS |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
Balbina Sánchez Bermúdez |
5 (CTI) |
2,0 |
13,34 |
482,0 |
||
|
11 |
Revolta 15064B509007230000YJ |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Avelia Couceiro Rilo |
0,0 |
114,0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
