Mediante a Resolución do 22 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 29 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de arquitecto/a da USC, pola quenda de acceso libre, e mediante a Resolución do 28 de outubro de 2025 (DOG do 5 de novembro) noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.
Na base 5.3 da Resolución do 22 de agosto de 2025 disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base, o reitor
RESOLVE:
Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por José Rodríguez Dopazo, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC, nomeado como secretario titular do tribunal cualificador.
Segundo. Nomear a Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior da USC, como secretaria titular en substitución de José Rodríguez Dopazo.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
