DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025 polo que se publica a parte dispositiva da Sentenza 15/2025, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sobre a Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada para os días 30 de novembro e 14 de decembro de 2023, que afectará o persoal incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo para os establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da provincia da Coruña.

No Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro de 2023, publicouse a Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada para os días 30 de novembro e 14 de decembro de 2023, que afectará o persoal incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo para os establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas da provincia da Coruña.

Mediante este anuncio, para xeral coñecemento, publícase a parte dispositiva da Sentenza 15/2025, do 27 de xaneiro de 2025, ditada no procedemento ordinario 7352/2024 pola Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ten o carácter de firme:

«Estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto polo representante procesual da Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a Orde do conselleiro de Sanidade, do 24 de novembro de 2023, pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada para os días 30 de novembro e 14 de decembro de 2023, que afectará o persoal incluído no ámbito de aplicación do convenio colectivo para os establecementos sanitarios de hospitalización, asistencia, consulta e laboratorio de análises clínicas da provincia da Coruña; en consecuencia, anulamos os puntos 3, 4, 5, 6 e 8 epígrafe A) e os puntos 3 e 4 da epígrafe B), ambas as dúas do artigo 1 daquela orde, así como os tres primeiros parágrafos do seu artigo 2, e ordenamos a ese departamento sanitario que publique no Diario Oficial de Galicia as epígrafes anuladas, sen dereito a ningunha indemnización, pero si a recibir ata un máximo de 1.500,00 euros en concepto de custas procesuais».

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade