De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de documentación.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar a documentación se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración; praza de Mazarelos, nº 15, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, tamén se lle comunica á persoa interesada que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presenta a documentación que se lle require no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se considerará desistida da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
|
Procedimento/número de expediente |
DNI/pasaporte |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
|
PR905A 2025/0934 |
XDD099133 |
Requirimento |
17.9.2025 |
|
PR905A 2025/0983 |
13426256Y |
Requirimento |
23.9.2025 |
|
PR905A 2025/1051 |
09844919E |
Requirimento |
30.9.2025 |
|
PR905A 2025/1187 |
34884552S |
Requirimento |
8.10.2025 |
|
PR905A 2025/1236 |
35755548R |
Requirimento |
15.10.2025 |
|
PR905A 2025/1240 |
35755547T |
Requirimento |
15.10.2025 |
|
PR905A 2025/1285 |
XDE017867 |
Requirimento |
17.10.2025 |
|
PR905A 2025/1304 |
11159252C |
Requirimento |
17.10.2025 |
