DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 24 de novembro de 2025 Páx. 60463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 10 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2025/0197 e catorce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións ditadas.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración; praza de Mazarelos, nº 15, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/número de expediente

DNI/pasaporte

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2025/0197

35729225J

Resolución

1.9.2025

PR905A 2025/0448

35755187P

Resolución

1.9.2025

PR905A 2025/0506

55850325T

Resolución

1.9.2025

PR905A 2025/0608

55851556N

Resolución

1.9.2025

PR905A 2025/0624

XDF202162

Resolución

1.10.2025

PR905A 2025/0641

16858256S

Resolución

1.9.2025

PR905A 2025/0705

35666600V

Resolución

1.9.2025

PR905A 2025/0725

35758511C

Resolución

16.9.2025

PR905A 2025/0727

55851752K

Resolución

16.9.2025

PR905A 2025/0737

35755427H

Resolución

17.9.2025

PR905A 2025/0778

XDF242834

Resolución

1.10.2025

PR905A/2025/0782

50639155D

Resolución

1.10.2025

PR905A 2025/0792

55851188N

Resolución

1.10.2025

PR905A 2025/0815

55851866T

Resolución

7.10.2025

PR905A 2025/0850

16858397H

Resolución

24.10.2025