En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 6 de outubro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Solveira, no concello de Xinzo de Limia, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 17 de xaneiro de 2024 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Jesús Gil Pozo e outras tres persoas, no que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Solveira, no concello de Xinzo de Limia.
Segundo. Con data do 16 de decembro de 2024, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. Durante a tramitación do expediente de clasificación presentou un escrito de alegacións a CMVMC de Pidre, propietaria dos MVMC A Pedriza, Outeiro da Praza da Veiga, A Touza e A Zaínza e A Veiga. Afirman que o monte en trámites de clasificación linda co monte veciñal A Pedriza, pero que o plano que achegan os veciños de Solveira respecta o lindeiro establecido co seu monte nos puntos extremos, pero non así nos puntos intermedios.
O Xurado Provincial considera procedente considerar as alegacións formuladas pola CMVMC de Pidre. Xa que resulta preceptiva a conformidade da CMVMC de Pidre para clasificar calquera tramo perimetral que non se axuste ao plano da clasificación do monte pertencente á CMVMC de Pidre. En caso de non chegar a un acordo, a CMVMC de Solveira deberá acudir á vía xudicial.
Por outro lado, durante a tramitación do expediente de clasificación presentaron escritos de alegacións varios particulares que reclaman terreos incluídos no acordo de inicio da clasificación do monte denominado Ampliación de Solveira. En concreto, trátase da parcela con referencia catastral 32033A17900147, situada dentro do predio 5, Praza da Veiga; a parcela catastral 32033A50705688, situada dentro do predio 3, Penelas; e o predio 2 A Chaira. En relación a estes terreos, os comparecentes comunican a súa conformidade á exclusión destes do acordo definitivo de clasificación.
Tendo en conta o exposto, o Xurado acorda a clasificación do monte, unha vez publicado polo Concello o edicto do inicio da clasificación como monte veciñal en man común polo período dun mes sen que se presentasen alegacións, publicado tamén o edito no DOG e recibida a certificación do Rexistro da Propiedade.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Ampliación de Solveira.
Superficie: 30,90 ha.
Pertenza: CMVMC de Solveira.
Parroquia: Solveira de Limia (San Pedro).
Concello: Xinzo de Limia.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (A Pedriza):
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por varios camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32033A14909001, 32033A15109004, 32033A15109005 e 32033A15209003.
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A14900115 (parte) 32033A15100087 (parte) 32033A15100088 (parte) 32033A15200208 |
Norte |
32033A14900013 32033A14900012 32033A14900011 32033A14900009 32033A14900008 32033A14900006 |
|
Leste |
32033A14900005 32033A14909001 32033A15109005 32033A15200036 32033A15200035 32033A15200034 32033A15200033 32033A15200032 32033A15200220 32033A15200219 32033A15200218 32033A15200216 32033A15200027 32033A15200026 32033A15200215 32033A15209003 32033A15109001 |
|
|
Sur |
32033A15109001 32033A15100087 (resto) |
|
|
Oeste |
32033A15100087 (resto) 32033A15100088 (resto) 32033A14900115 (resto) 32033A14900045 32033A14900044 32033A14900043 32033A14900038 32033A14900036 32033A14900034 32033A14900033 32033A14900025 32033A14900024 32033A14900022 32033A14900019 32033A14900018 32033A14900016 32033A14900013 |
|
Predio 2 (A Chaira):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A18000074 32033A18000075 |
Norte |
32033A15209003 |
|
Leste |
32033A17609001 32033A50700480 |
|
|
Sur |
32033A18000004 32033A18000005 32033A18000003 32033A18000073 32033A18009004 |
|
|
Oeste |
32033A18000002 32033A18000009 32033A18000077 32033A18000076 32033A18000008 32033A18000001 |
|
Predio 3 (Penelas):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A50705689 |
Norte |
32033A50705688 32033A50700414 |
|
Leste |
32033A50700414 32033A50700413 32033A50705690 32033A50705691 32033A50705693 32033A50705694 |
|
|
Sur |
32033A50705694 32033A50705695 32033A50705696 32033A50705697 32033A50705698 32033A50709017 |
|
|
Oeste |
32033A50709017 32033A50705688 |
|
Predio 4 (Lamelas):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A50705637 |
Norte |
32033A50709014 |
|
Leste |
32033A50700129 |
|
|
Sur |
32033A50700127 |
|
|
Oeste |
32033A50700128 |
|
Predio 5 (Praza da Veiga):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32033A17900145 32033A17900150 |
Norte |
32033A17900109 32033A17900152 32033A17900151 |
|
Leste |
32033A17900151 32033A17809003 |
|
|
Sur |
32033A17809003 32033A17900148 32033A17900146 |
|
|
Oeste |
32033A17900146 32033A17900147 32033A17900143 32033A17900106 32033A17900107 32033A17900108 32033A17900109 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Solveira, no concello de Xinzo de Limia, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 10 de novembro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense
