O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.
O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.
O desempeño da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.
O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.
Tal e como establece a Lei 8/2008, de saúde de Galicia a atención primaria constitúe o primeiro nivel de acceso ordinario da poboación ao Sistema público de saúde de Galicia, e caracterízase por un enfoque global e integrado da atención e da saúde, así como por asumir un papel orientador e de canalización da asistencia requirida polo ou pola paciente en calquera punto do sistema sanitario.
As organizacións sindicais CIG-Saúde, CSIF, CC.OO e UGT convocaron unha folga no ámbito da atención primaria que afectará todo o persoal de todas as categorías, incluído o persoal residente, que prestan servizos nos centros de saúde e nos puntos de atención continuada (PAC) do Servizo Galego de Saúde. A folga desenvolverase desde ás 8.00 horas do día 26 de novembro de 2025 ata as 8.00 horas do día 27 de novembro de 2025.
O Sindicato Médico de Galicia (SIMEGA) convocou tamén unha folga que afectará todos os médicos empregados no ámbito da atención primaria, incluíndo médicos internos residentes, calquera que sexa a modalidade de contratación, e calquera que sexa a modalidade de xestión. Esta folga levarase a efecto o día 26 de novembro de 2025 en xornada de 24 horas, comprendendo o período laboral entre as 8.00 e as 24.00 horas do día 26, aínda que a finalización do período laboral teña lugar con posterioridade a esa hora. A afectación abranguerá todo o tempo deste período para cada traballador.
A Organización Sindical de Facultativos de Galicia Independentes (O´MEGA) convocou unha folga dirixida ao colectivo de facultativos de atención primaria e das unidades adscritas dependentes do Sergas en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, sen facer distincións pola súa fórmula contractual, xa sexa estatutaria ou laboral, e incluíndo persoal titular, interino, eventual ou en formación.
Indican que a folga terá carácter permanente mentres non se acaden os obxectivos reivindicados, comunicándose os días de paro con, cando menos, 10 días de antelación. Inicialmente convocan folga para os días 26, 27 e 28 de novembro de 2025, comezando na primeira quenda do día 26, a partir das 8.00 horas, e prolongándose ata a finalización da última quenda do día 28, aínda que remate despois das 24.00 horas. Consideraranse quendas todos os períodos laborais, incluíndo atención continuada e gardas.
Por último, a organización sindical CIG-Saúde decidiu convocar unha folga no ámbito da atención primaria, tanto nos servizos e unidades como nos puntos de atención continuada (PAC), que afectará todo o persoal, de todas as categorías que prestan os seus servizos nos centros de saúde e nos puntos de atención continuada do Sergas, incluído o persoal residente e que se desenvolverá desde ás 8.00 horas do día 27 de novembro de 2025 ata as 8.00 horas do día 29 de novembro do 2025.
Con base no anterior e logo da audiencia aos comités de folga,
DISPOÑO:
Artigo 1
A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde.
Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que, baixo ningún concepto, pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.
Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a atención urxente e permanente aos usuarios/as e aos servizos sanitarios que non poden ser aprazados sen ocasionar consecuencias negativas para a saúde, especialmente tendo en conta a duración da folga –tres días consecutivos seguidos dunha fin de semana– e o período invernal en que se convoca, caracterizado por un incremento significativo das infeccións respiratorias agudas e doutras patoloxías estacionais, o que supón un alto impacto na demanda asistencial da atención primaria.
Ademais, no establecemento de servizos mínimos, estase a ter en conta a redución paulatina de xornada establecida na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de xuño de 2023, pola que se publicou o Acordo do Consello da Xunta de Galicia en que se aprobaron melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Sergas, con base no Acordo asinado na Mesa Sectorial o 20 de abril, polos representantes da Administración e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, UGT e SATSE; así como na Instrución ditada en aplicación da dita orde para o ano 2025.
Hai que ter en conta que, á hora de fixar as presenzas necesarias para cubrir os servizos mínimos, a asistencia sanitaria dentro de cada área sanitaria organízase en función de criterios poboacionais. O número de habitantes, a súa distribución por idade, o grao de dispersión do territorio, se se trata dun medio urbano, semiurbano ou rural, e as isocronas de tempo ata os centros asistenciais de referencia (centros de saúde, PAC e hospitais) son determinantes desta organización, e condicionan a xestión da cobertura das necesidades sanitarias.
Por este motivo, non é posible aplicar un patrón único para establecer os servizos mínimos do persoal sanitario e non sanitario durante unha xornada de folga. Son, polo tanto, as xerencias das áreas sanitarias as que propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais que garanten tanto o dereito á folga dos traballadores como o dereito da poboación a recibir atención sanitaria adecuada.
Ademais, cómpre sinalar que a petición sindical de equiparar os servizos mínimos dos días de folga aos dun día festivo, como nunha xornada de PAC, non é comparable. A organización da asistencia sanitaria en xornada continuada obedece a características propias recollidas no Decreto 172/1995, do 18 de maio, modificado polo Decreto 156/2005, do 9 de xuño, polo que os servizos mínimos desta xornada non poden equipararse aos da xornada ordinaria.
Así mesmo, cómpre indicar que a determinación das presenzas fíxase por xornadas, e que as diferenzas existentes entre unhas e outras responden á organización interna de cada área sanitaria –incluíndo a distribución das quendas desprazables– así como ás particularidades propias de cada día da semana. Deste xeito, establécense dotacións diferenciadas en función da variabilidade operativa, non sendo equivalente a cobertura requirida nun día ordinario respecto da dun venres, especialmente cando a folga se desenvolve de forma consecutiva e en vésperas dunha fin de semana, momento en que adoitan concentrarse maiores necesidades asistenciais.
De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:
a) Persoal facultativo sanitario do ámbito da atención primaria:
1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.
É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de Urxencias Extrahospitalarias (puntos de atención continuada -PAC), tendo en conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a que é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.
2. No tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación.
A prestación sanitaria no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos e unidades de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e o tratamento dos procesos inaprazables, garantindo a seguinte dotación:
– En centros con catro ou menos médicos de familia: 1 efectivo.
– En centros con de cinco a oito médicos de familia: 2 efectivos.
– En centros con de nove a doce médicos de familia: 3 efectivos.
– En centros con trece ou máis médicos de familia: 4 efectivos.
Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro e/ou zona de referencia.
Polo que respecta ao persoal farmacéutico, trátase de garantir que a homologación sanitaria de todos aqueles medicamentos, produtos sanitarios e dietéticos que non admita demora poida levarse a efecto dentro dos prazos e requisitos establecidos na regulamentación vixente.
E, no que atinxe ao persoal odontólogo, resulta preciso garantir unha dotación mínima que permita atender procesos odontolóxicos agudos, especialmente aqueles que afectan a poboación infantil, dado o seu carácter urxente e a necesidade dunha resolución inmediata. Esta previsión faise aínda máis necesaria tendo en conta que a folga abrangue tres días laborais consecutivos e continúa cunha fin de semana, circunstancia que podería prolongar de maneira excesiva a falta de atención destes cadros agudos.
b) Persoal sanitario non facultativo da atención primaria:
Respecto a este colectivo, a xustificación dos criterios reitores obedece substancialmente o xa sinalado para o caso do persoal facultativo sanitario, dado que a asistencia debe ser necesariamente realizada en equipo, e non poderá levarse a efecto sen a colaboración do conxunto dos/as profesionais implicados/as.
1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.
É tamén imprescindible cubrir o 100 % da actividade urxente no PAC, tendo en conta que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e dado que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.
2. Polo que atinxe ao tramo ordinario de atención, os servizos mínimos que se fixan prestarán a asistencia urxente e inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación.
A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, máxime, tendo en conta de que –como xa se indicou– a folga ten lugar durante tres días laborais ininterrompidos, seguidos dunha fin de semana.
En consecuencia, establécese a seguinte dotación mínima de persoal sanitario non facultativo:
– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.
– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.
– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.
– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.
c) Persoal de xestión e servizos da atención primaria:
1. Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % de toda a actividade urxente.
Como se indicou anteriormente, os dispositivos de urxencias extrahospitalarias constitúen un servizo vital de atención ininterrompida durante as 24 horas e todos os días do ano, e será imprescindible para a prestación do servizo a existencia de persoal de apoio aos profesionais sanitarios dos devanditos dispositivos.
2. Centros de atención primaria:
– En centros con catro ou menos efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo.
– En centros con cinco ou máis efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo por centro e, en caso de teren varios andares, un máis por andar.
Un efectivo resulta o mínimo imprescindible para manter o soporte administrativo ás tarefas de xestión, información ás persoas usuarias e de apoio aos profesionais sanitarios para a realización do seu traballo. No caso dos centros de atención primaria de maior tamaño, distribuídos en varios andares, faise preciso un efectivo por andar co fin de garantir o mínimo imprescindible para manter o soporte administrativo ás devanditas tarefas de xestión, información e apoio.
Artigo 2
Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante as xornadas de folga.
A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.
A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.
A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.
A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos -que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio- será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.
O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.
Artigo 3
Os paros e as alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).
Artigo 4
O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Artigo 5
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Día 26 de novembro de 2025
Provincia da Coruña
Área Sanitaria da Coruña e Cee.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
100 |
54 |
18 |
|
Pediatra |
28 |
9 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
1 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
92 |
45 |
17 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
88 |
41 |
17 |
|
Área Sanitaria de Ferrol.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
42 |
22 |
11 |
|
Pediatra |
14 |
2 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
47 |
12 |
11 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
36 |
21 |
9 |
|
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
96 |
37 |
24 |
|
Pediatra |
30 |
3 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
4 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
4 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
112 |
35 |
22 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
75 |
36 |
19 |
|
Provincia de Lugo
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
89 |
37 |
27 |
|
Pediatra |
18 |
1 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
3 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
101 |
39 |
27 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
79 |
31 |
20 |
|
Provincia de Ourense
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
105 |
36 |
25 |
|
Pediatra |
14 |
- |
- |
|
|
Odontólogo/a |
12 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
12 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
128 |
35 |
21 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
90 |
28 |
14 |
|
Provincia de Pontevedra
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
62 |
26 |
12 |
|
Pediatra |
14 |
1 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
1 |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
2 |
1 |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
61 |
24 |
12 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
51 |
21 |
9 |
|
Área Sanitaria de Vigo.
– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
92 |
57 |
21 |
|
Pediatra |
34 |
9 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
2 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
100 |
61 |
20 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
58 |
40 |
13 |
|
Día 27 de novembro de 2025
Provincia da Coruña
Área Sanitaria da Coruña e Cee.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
100 |
54 |
18 |
|
Pediatra |
28 |
9 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
1 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
92 |
45 |
17 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
88 |
41 |
17 |
|
Área Sanitaria de Ferrol.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
41 |
23 |
11 |
|
Pediatra |
14 |
2 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
47 |
12 |
11 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
36 |
21 |
9 |
|
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
- Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
96 |
37 |
24 |
|
Pediatra |
30 |
3 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
4 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
4 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
112 |
35 |
22 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
75 |
36 |
16 |
|
Provincia de Lugo
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
84 |
37 |
27 |
|
Pediatra |
20 |
1 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
3 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
101 |
39 |
27 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
79 |
31 |
20 |
|
Provincia de Ourense
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
105 |
36 |
25 |
|
Pediatra |
14 |
- |
- |
|
|
Odontólogo/a |
12 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
12 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
128 |
35 |
21 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
90 |
28 |
14 |
|
Provincia de Pontevedra
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
62 |
26 |
12 |
|
Pediatra |
14 |
1 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
1 |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
2 |
1 |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
61 |
24 |
12 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
51 |
21 |
9 |
|
Área Sanitaria de Vigo.
– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
92 |
57 |
21 |
|
Pediatra |
34 |
9 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
2 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
100 |
61 |
20 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
58 |
40 |
13 |
|
Día 28 de novembro de 2025
Provincia da Coruña
Área Sanitaria da Coruña e Cee.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
100 |
54 |
18 |
|
Pediatra |
28 |
9 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
1 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
92 |
45 |
17 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
88 |
41 |
17 |
|
Área Sanitaria de Ferrol.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
42 |
22 |
11 |
|
Pediatra |
14 |
2 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
47 |
12 |
11 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
36 |
21 |
9 |
|
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
96 |
37 |
24 |
|
Pediatra |
30 |
3 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
4 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
4 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
112 |
35 |
23 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
75 |
40 |
21 |
|
Provincia de Lugo
Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
85 |
35 |
27 |
|
Pediatra |
19 |
1 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
3 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
- |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
101 |
39 |
27 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
79 |
31 |
20 |
|
Provincia de Ourense
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
- Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
105 |
36 |
25 |
|
Pediatra |
14 |
- |
- |
|
|
Odontólogo/a |
12 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
12 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
128 |
35 |
21 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
90 |
28 |
14 |
|
Provincia de Pontevedra
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
– Servizos sanitarios de atención primaria.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
62 |
26 |
12 |
|
Pediatra |
14 |
1 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
2 |
1 |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
2 |
1 |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
61 |
24 |
12 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
51 |
21 |
9 |
|
Área Sanitaria de Vigo
– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.
|
Servizos mínimos |
||||
|
Mañá |
Tarde |
Noite |
||
|
Persoal facultativo sanitario |
Médico/a de familia |
92 |
57 |
21 |
|
Pediatra |
34 |
9 |
- |
|
|
Odontólogo/a |
1 |
- |
- |
|
|
Farmacéutico/a |
2 |
- |
- |
|
|
Persoal sanitario non facultativo |
100 |
61 |
20 |
|
|
Persoal de xestión e servizos |
58 |
40 |
13 |
|
