DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 26 de novembro de 2025 Páx. 60980

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2025 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude da Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 20 da Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións para proxectos de saúde pública no campo do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) realizados en Galicia por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA645A), procédese á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude de dita orde.

Crédito orzamentario inicial: 990.426,00 €.

Aplicación orzamentaria: 1202.413A.481.2.

No que se refire ás entidades beneficiarias, importes concedidos, finalidade da subvención e causas de denegación: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidade
NIF

Título do proxecto

Puntos e causas
de non inclusión

Importe 2025

Importe 2026

Importe 2027

Importe 2028

Importe

2025-2028

Comité Cidadán Antisida da Coruña (Casco)

G15279219

Proxecto de accións de saúde pública no campo do VIH/sida e ITS en Galicia

280

33.093,90 €

53.669,38 €

47.037,43 €

23.125,73 €

156.926,44 €

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Accións de saúde pública no campo do VIH e outras infeccións de transmisión sexual (ITS)

262

16.703,00 €

26.665,60 €

32.865,00 €

17.756,04 €

93.989,64 €

Comité Cidadán Antisida de Ourense

G32169609

Intervención na prevención do VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual

261

25.049,00 €

29.593,50 €

29.593,50 €

13.866,00 €

98.102,00 €

Ecos do Sur

G15354483

Atención sociosanitaria en VIH/sida ao colectivo inmigrante con perspectiva intersectorial: Mulleres, irregulares, contexto de prostitución e/ou transexualidade

258

20.181,83 €

26.634,15 €

26.634,15 €

13.317,03 €

86.767,16 €

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Corazón Vermello

257

27.108,95 €

25.154,48 €

25.154,48 €

12.577,20 €

89.995,11 €

Asociación Aliad Ultreia
G27021120

Talleres sanitarios e información sobre VIH para persoas transexuais e outras persoas como HSH e mulleres en contexto de prostitución

250

23.495,15 €

23.674,80 €

23.674,80 €

11.837,36 €

82.682,11 €

Asociación Faraxa
pola Abolición da Prostitución

G27728658

PRE-VENTE 3: intervención socio-sanitaria en Galicia con persoas transexuais, e/ou HSH, e/ou mulleres en prostitución para a prevención, detección e control do VIH/sida e outras ITS

245

13.584,00 €

21.762,58 €

22.195,13 €

11.097,53 €

68.639,24 €

Médicos del Mundo

G79408852

Prevención da infección por VIH/sida e outras ITS nas persoas en contexto de prostitución, con especial atención ás mulleres transexuais en Galicia

234

34.439,75 €

20.715,45 €

20.715,45 €

10.357,69 €

86.228,34 €

ALAS Coruña (Asociación pola liberdade afectiva e sexual da Coruña)

G70249461

De Igual a Igual

227

16.288,29 €

19.235,78 €

19.235,78 €

9.617,86 €

64.377,71 €

Comunidad de Oblatas del Santísimo Redentor, Ferrol

R1500092J

Proxecto Beirarrúa.

Proxecto para prevención do VIH/sida e ITS en persoas transexuais en situación de prostitución

217

14.333,28 €

17.756,10 €

17.756,10 €

8.878,02 €

58.723,50 €

Asociación Galega de Afectados por VIH/sida (AGAVIH)

G27813146

Autocoidate + 4.0”: intervención sociosanitaria e prevención do VIH/sida e outras ITS en HSH, persoas transexuais, persoas que practican ChemSex e Slamming e outros colectivos en risco

213

13.782,40 €

16.276,43 €

16.276,43 €

8.138,19 €

54.473,45 €

Apoyo Positivo
G80672694

Casa Ourense.

Proxecto comunitario para a prevención e sensibilización na saúde sexual para colectivos vulnerables (LGTBIQ, migrantes, mulleres e xuventude)

212

12.529,45 €

14.796,75 €

14.796,75 €

7.398,35 €

49.521,30 €

Organización No Gubernamental de Desarrollo

Fiet Gratia

G86114741

Programa de promoción da saúde sexual, mediante a prevención e diagnose de VIH/sida e ITS, en vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e mulleres en contextos de prostitución

210

A orde só financia os 12 proxectos máis puntuados.

Este é o décimo terceiro

Accem

G79963237

VIHve con seguridade

200

A orde só financia os 12 proxectos máis puntuados.

Este é o décimo cuarto

Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural_ADEC

G94153053

Prevención comunitaria do VIH e outras ITS con foco na mocidade e nos grupos vulnerables na Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés

187

A orde só financia os 12
proxectos máis puntuados.
Este é o décimo quinto

Asociación Ferrolá de Drogodependencias Asfedro

G15072010

Coidándome, cóidote: sexualidade responsable e prevención de VIH, hepatite e outras ETS

162

A orde só financia os 12 proxectos máis puntuados.

Este é o décimo sexto

Cimo, entidad prestadora de servicios

G32010449

ConSentido: Educación Sexual con Perspectiva

151

A orde só financia os 12 proxectos máis puntuados.

Este é o décimo sétimo

Asociación In Género (Intercuturalidad y Género)

G13426671

Prevención combinada de VIH y otras ITS en personas que ejercen la prostitución y/o víctimas de trata con fines de explotación sexual en Galicia

122

A orde só financia os 12 proxectos máis puntuados.

Este é o décimo octavo

Total

250.589,00 €

295.935,00 €

295.935,00 €

147.967,00 €

990.426,00 €