Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Regulamentación LMTA SDM7111322 na Retorta.
Concello: Vigo.
Características técnicas:
– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 156 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/14 (1) na liña de media tensión aérea (LMTA) SDM7111322 e final no apoio proxectado C-1000/14 (2) na mesma liña.
– Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados (66 e 85 metros de condutor existente LA-56, respectivamente).
A instalación está situada no lugar da Retorta, parroquia de Cabral, no concello de Vigo.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, sito na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 4 de novembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
