Antecedentes.
Mediante a Resolución do 3 de decembro de 2024 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Carreira Casanova (ABI/2018/0029).
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado nº 307, do 21 de decembro, no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 243, do 18 de decembro), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Bóveda por un prazo non inferior a trinta días naturais.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 13 de febreiro de 2018 en Bóveda, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figuran igualmente incorporados certificados do seu empadroamento no Concello de Bóveda, polo que queda xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.
Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente. Así mesmo, comprobouse que polo marido da causante –David Fernández Rodríguez, falecido o 2 de xuño de 1996, intestado, que figura como cotitular en varios inmobles– non se tiña constancia de que a Sra. Carreira Casanova aceptase formalmente a súa herdanza, á cal tiña dereito.
Das consultas efectuadas ante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto terceiro desta resolución, que comprenden os do seu esposo premorto, sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como tamén integrantes da herdanza.
A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos.
Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigo 267 e seguintes.
Código civil; artigo 657 e seguintes.
Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas; artigos 20.6 e 20 bis.8.
Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia; título III, artigo 147 e seguintes.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública; artigos 14 e 16.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de María Carreira Casanova, con DNI 34137886K, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Acordar igualmente a declaración de María Carreira Casanova como herdeira ab intestato do seu esposo premorto, David Fernández Rodríguez, con DNI 34169336F.
Terceiro. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:
a) Bens inmobles urbanos:
Inmoble na avenida de Alfonso XIII, nº 107, segundo o Catastro nº 147, en Bóveda (Lugo), cunha superficie aproximada de 1.729 m2, sobre o cal se asenta unha vivenda composta por unha planta baixa que consta de dous almacéns que ocupan, un 121 m2 e outro 75 m2; dunha primeira planta que ocupa 121 m2 e dun faiado de 85 m2. Estrema: norte, inmoble da avenida de Alfonso XIII, nº 51, segundo o Catastro; sur, inmoble identificado catastralmente como nº 163 D da avenida de Alfonso XIII e de María Carreira Casanova (Alfonso XIII, nº 145 A); leste, avenida de Alfonso XIII, e oeste, vía do ferrocarril Palencia-A Coruña.
Referencia catastral: 4405413PH2240N0001FS.
Valor catastral: 52.874,65 euros.
Inscrición rexistral: non consta.
Inmoble na avenida de Alfonso XIII, nº 145 A, segundo o Catastro inmobiliario, en Bóveda (Lugo), cunha superficie aproximada de 201 m2 segundo o Catastro e de 220 m2 segundo o Rexistro da Propiedade. Estrema: norte ou dereita, máis de María Carreira Casanova, nº 147 da avenida Alfonso XIII segundo o Catastro inmobiliario; sur ou esquerda, inmoble nº 145 da avenida de Alfonso XIII; leste ou fronte, avenida de Alfonso XIII, e oeste ou fondo, inmoble nº 163 D da avenida Alfonso XIII, segundo o Catastro.
Referencia catastral: 4405414PH2240N0001MS.
Valor catastral: 1.073,75 euros.
Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos-Quiroga, tomo 674, libro 48, folla 1, inscrición 1ª, predio nº 4789.
b) Bens inmobles rústicos:
Parcela nº 268 do polígono 16 do Catastro inmobiliario, no lugar de San Xil, concello de Bóveda (Lugo), cunha superficie aproximada de 7.272 m2. Estrema: norte, parcela catastral nº 269; sur, parcela catastral nº 267; leste, parcelas catastrais nº 265 e nº 266, e oeste, parcela catastral nº 252.
Referencia catastral: 27008A016002680000LO.
Valor catastral: 607,41 euros.
Inscrición rexistral: non consta.
Parcela nº 200 do polígono 29 do Catastro inmobiliario, no lugar de Capelo, concello de Bóveda (Lugo), cunha superficie aproximada de 17.737 m2. Estrema: norte, parcela catastral nº 234; sur, parcela catastral nº 199; leste, parcelas catastrais nº 293 e nº 321, e oeste, parcela catastral nº 201.
Referencia catastral: 27008A029002000000LI.
Valor catastral: 1.885,89 euros.
Inscrición rexistral: non consta.
c) Contratos e outros efectos bancarios.
Banco Santander, conta corrente: ES81 0049 6650 1021 9000 0329.
Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón:
http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello de Bóveda por un prazo non inferior a trinta días naturais.
Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade co artigo 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
