Expediente: IN407A 2024/178-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CCTT, RBT lugares Castro e Rego da Moa.
Concello: Fene.
1. Antecedentes.
O 3.2.2025 acordouse someter a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución de enerxía eléctrica con denominación LMT, CCTT, RBT lugares Castro e Rego da Moa, no concello de Fene.
O 23.10.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou unha nova relación de bens e dereitos afectados na que figuran as novas parcelas recollidas no anexo deste acordo.
2. Características técnicas.
As instalacións atópanse nos lugares de Loira, Rego da Moa e Castro, no concello de Fene.
O seu obxecto é a mellora da calidade da subministracións nos ditos lugares. As súas características técnicas son as seguintes:
– Instalación de dous novos centros de transformación:
O CT proxectado núm. 1 será un CT rural de 100 kVA/15 kV.
O CT proxectado núm. 2 será un CT compacto 2L+1P 250 kVA/15 kV.
– Instalación dun novo XS e un novo PAS de 153 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) AL entre o apoio existente AR627Q79//D15, pertencente á LMTA VDC712 e o CT proxectado núm. 1.
– Instalación de dous novos PAS no apoio existente AQT22F7M//D24, pertencente á LMTA VDC712 e de 120 m de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) Al, realizando E/S no CT proxectado núm. 2.
3. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 5 de novembro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Fene. Expediente IN407A 2024/178-1
|
Núm. parcela |
Lugar referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio núm. |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
3 |
A Gándara 7414408NJ6171S0001LF |
Urbana |
SEPES. Entidade Estatal do Solo |
PAS + LMTS |
2.1 |
6.27 |
|||
|
4 |
A Gándara 7414409NJ6171S0001TF |
Urbana |
SEPES. Entidade Estatal do Solo |
CT 1 + acceso |
21.61 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
