Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Repotenciación do CT 27A580-San Esteban (Sarria).
Concello: Sarria.
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 8.2.2024 (número de rexistro de entrada 2024/415276), a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Repotenciación do CT 27A580-San Esteban (Sarria).
Segundo. O 13.9.2024, este departamento territorial resolveu conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 de outubro de 2024.
Terceiro. O 14.4.2025 (número de rexistro de entrada 2025/1077986), UFD Distribución Electricidad, S.A., presenta escrito de renuncia á autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da devandita instalación eléctrica.
Fundamentos xurídicos:
Primeiro. No artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos.
Segundo. No artigo 94.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sinálase que a Administración aceptará de plano a desistencia ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, despois de comparecer nel terceiras persoas interesadas, instasen estas a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificadas da desistencia ou renuncia.
Á vista dos preceptos citados e unha vez analizado o expediente, considerando que non existen terceiras persoas interesadas ou afectadas, este departamento territorial entende que non existe inconveniente ningún en aceptar de plano a renuncia solicitada.
Este departamento territorial, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Primeiro. Aceptar a solicitude de renuncia formulada pola empresa promotora, que deixa sen efecto a Resolución deste departamento territorial, do 13.9.2024, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción.
Segundo. Declarar rematado o procedemento, así como o arquivamento do expediente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesads poidan interpor calquera outro recurso que se xulguen pertinente.
Lugo, 14 de novembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
