DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de notificación nos procedementos infrutuosos en materia de xestión de biomasa (expediente 2025/X999/000505).

O Concello de Abegondo fai pública a notificación relativa á xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas aos titulares catastrais das parcelas, despois de resultar infrutuosas, por causas non imputables a esta Administración, as notificacións ás cales se refire o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Para darlle cumprimento ao disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible efectuar as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración, porque as persoas responsables son descoñecidas ou se ignora o lugar de notificación, ou non é posible a notificación ás persoas interesadas, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, cos datos catastrais do terreo. A eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Mediante o presente anuncio infórmaselles aos titulares catastrais que figuran no cadro anexo a súa obriga legal e responsabilidade para a xestión da biomasa e, incluído, se for obrigatoria, a retirada de especies arbóreas prohibidas relacionadas na disposición adicional 3ª da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen, segundo o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Advírtese que, de non comparecer nin alegar, darase por notificada.

Nº de expediente

Referencia catastral

Localización

Titular catastral

Incidencia

2025/X999/000495

15001A011003120000JY

Polígono 11 Parcela 312

Abegondo-Cancelada

Calviño Manuel

Sen enderezo nin NIF

2025/X999/000496

15001A003003790000JR

Polígono 3 Parcela 379

Crendes-Fonaiña

En investigación

2025/X999/000497

15001A504002050000HZ

Polígono 504 Parcela 205

Meangos-Penelas

Pazos Vázquez María José

Sen enderezo nin NIF

2025/X999/000498

15001A504002050000HZ

Polígono 504 Parcela 206

Meangos-Penelas

Rodríguez Ares Francisco

Sen enderezo nin NIF

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Abegondo, situadas no lugar San Marcos, nº 1, Abegondo, na casa do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, se está obrigado por lei, da retirada das especies arbóreas prohibidas relacionadas na disposición adicional 3ª da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Abegondo continuará cos expedientes segundo o disposto no punto 4º do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Abegondo notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de persistencia no incumprimento, iniciaranse os correspondentes procedementos sancionadores segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Abegondo, 3 de novembro de 2025

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde