DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 2025 Páx. 61527

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo sobre a modificación puntual do Plan parcial do sector 7, recinto feiral de Someso (expediente 631/2024/227).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o 6.11.2025, adoptou, entre outros, o seguinte a acordo:

«Primeiro. Tomar coñecemento e atender o requirimento da Dirección Xeral de Urbanismo recibido o 19.08.2025, co CVE RuvH4xHNghl7, e á vista deste, da necesidade de efectuar a aprobación provisional da modificación puntual deste plan parcial incorporado ao planeamento vixente.

Segundo. Iniciar o procedemento de revisión de oficio previsto no artigo 106.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, suspender a execución do acto de aprobación definitiva acordado polo Pleno do Concello da Coruña na sesión do 8.5.2025 en virtude do disposto no artigo 108 da dita lei, e publicar o acordo.

Terceiro. Retrotraer o procedemento ao momento inmediatamente anterior á aprobación provisional, conservando integramente as actuacións previas, de conformidade co sinalado no informe da Dirección Xeral de Urbanismo recibido o 19.8.2025, co CVE RuvH4xHNghl7.

Cuarto. Aprobar provisionalmente o documento denominado Modificación puntual núm. 3 do Plan parcial do sector 7, recinto feiral de Someso. Normativa. Abril 2025, presentado o 22.4.2025 por Espacio Coruña Shopping, S.L., e asinado dixitalmente polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada e a arquitecta Beatriz Aneiros Filgueiras.

Quinto. Dilixenciar o documento e solicitar da consellería competente en materia de urbanismo o informe previsto no punto 1.b) do artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

Sexto. Notificar este acordo á entidade promotora da modificación puntual e aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente.

Sétimo. Facultar a Alcaldía Presidencia para a realización de cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bo fin dos acordos adoptados».

Contra este acordo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, segundo a Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou calquera outro que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 21 de novembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable
da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda