Unha vez tramitado o procedemento de aprobación do proxecto de interese autonómico para a ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña), consonte o que establece o artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; o 3 de novembro de 2025 acordouse a aprobación definitiva do proxecto de interese autonómico (PIA) para a ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña).
En cumprimento do disposto nos artigos 58 e 60 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, en relación co número 11 do artigo 54 da dita lei, cómpre dar publicidade do referido acordo.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do día 3 de novembro de 2025, polo que se aproba de forma definitiva o proxecto de interese autonómico (PIA) para a ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña), que di literalmente:
«Aprobar definitivamente o proxecto de interese autonómico para a ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña)».
O contido íntegro do PIA para a ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña), está dispoñible no seguinte enderezo electrónico:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/pia_cgx.zip
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
