Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 15 de xullo de 2025 (DOG número 139, do 22 de xullo) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A base VI da convocatoria establece que «rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de quince (15) días hábiles para a presentación das solicitudes de elección de postos de traballo».
No anexo I da dita resolución publícanse os postos ofertados no concurso de traslados. Con todo, a Resolución do 18 de novembro de 2025, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e da especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 224, do 19 de novembro), incorpora un requisito indispensable a postos que comportan un trato repetido, directo e regular e non meramente ocasional con nenos, nenas ou adolescentes, conforme o regulado na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE número 134, do 5 de xuño), que afecta os postos ofertados na convocatoria do concurso.
Xunto co anterior, o día 19 de novembro de 2025 publicouse no DOG a corrección de erros da Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2024 polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en que se altera a descrición dos postos de traballo afectados.
Por outra banda, as medidas cautelares ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e as execucións de sentenzas efectuadas con posterioridade á publicación da convocatoria afectan a oferta de postos vacantes e, polo tanto, deben ser retirados da relación de postos publicada.
Así mesmo, a base VII da convocatoria do concurso determina que os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso.
Do mesmo modo, establece que se poderá xustificar a posesión de méritos e requisitos ata o último día do prazo de solicitudes de elección de postos de traballo.
Doutra banda, mediante a Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, dítanse as instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais (DOG número 237, do 15 de decembro). Esta resolución ten por obxecto a regulación do contido, uso, acceso e efectos dos datos almacenados de forma electrónica no expediente persoal electrónico, ao cal se accede a través da plataforma da Canle de emprego público de Galicia (Fides).
Na instrución cuarta da Resolución do 5 de decembro de 2023 establécese que os datos do expediente electrónico se empregarán na tramitación dos procesos de provisión de postos de traballo, polo que as persoas que participan no concurso de traslados convocado deberán achegar a documentación acreditativa dos seus méritos do xeito previsto na citada resolución a través da canle do emprego público de Galicia (Fides).
En cumprimento do disposto anteriormente e co obxecto de que as persoas concursantes poidan solicitar os postos e acreditar os méritos e requisitos, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Obxecto e prazos
Publicar o prazo para presentar as solicitudes de elección de postos de traballo e publicar o procedemento que se deberá seguir para xustificar a posesión dos méritos e requisitos específicos para o acceso aos postos.
O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente desde o 3 de decembro ao 24 de decembro de 2025.
Segundo. Modificación do anexo I da Resolución do 15 de xullo de 2025 de convocatoria
Modificar os postos ofertados na convocatoria para incorporar como requisitos indispensables aqueles establecidos tanto na Resolución do 18 de novembro de 2025, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 224, do 19 de novembro), como na corrección de erros da Resolución do 24 de febreiro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 2024 polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (DOG número 224, do 19 de novembro de 2025).
Excluír os postos que se indican no anexo desta resolución en execución das sentenzas e dos autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A relación de postos publícase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Terceiro. Solicitudes de elección de postos
Durante o prazo indicado no punto primeiro, as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos cales se engaden as potenciais resultas como consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publícase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV de tramitación electrónica.
Entenderase que renuncian a participar no concurso todas aquelas persoas que formulasen unha solicitude de participación pero non presenten unha solicitude de elección de postos de traballo.
As persoas concursantes que pediron na súa solicitude de participación a adaptación do posto de traballo deberán acompañar obrigatoriamente dun informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación do posto solicitado (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, de 3 de decembro).
Cuarto. Procedemento de acreditación de méritos e requisitos
1. A base VII da convocatoria do concurso establece que os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso, isto é, o 13 de agosto de 2025, de acordo coa Resolución do 15 de xullo de 2025.
2. Os méritos e requisitos deberán acreditarse de conformidade co procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.
Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento.
3. As persoas concursantes que teñan que presentar documentación acreditativa dos méritos valorables no concurso a que se refire esta resolución achegarana ao seu expediente persoal electrónico, ao cal accederán a través da canle do emprego público de Galicia (Fides) no enderezo https://fides.xunta.gal
Ao acceder á canle do emprego público de Galicia (Fides) comprobarán os datos que figuran no seu expediente persoal electrónico:
a) No suposto de que a persoa concursante estea conforme cos datos consultados, non precisará realizar ningunha actuación.
b) No suposto de que a persoa concursante non estea conforme cos datos consultados, por non constaren ou estaren incompletos, deberá incorporar a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización dos méritos xunto coa documentación acreditativa, ao abeiro do establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023.
c) A persoa concursante que non teña recollido no seu expediente electrónico persoal algún período da súa experiencia profesional interna na Xunta de Galicia ou que atope erros nos seus méritos nos estados de «en trámite», «validado», «duplicado» ou «descartado», poderá presentar alegacións a través do formulario de reclamacións que está á disposición no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na páxina https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions/ , que deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
d) Os méritos que na data de publicación desta resolución se atopen incorporados no expediente electrónico no estado «acreditación documental incompleta» deberán ser acreditados para poder ser tidos en conta.
4. Para acreditar os méritos, as persoas concursantes presentarán a documentación que xustifique a totalidade do mérito rexistrado, do xeito establecido nos puntos 3 e 4 da instrución oitava da Resolución do 5 de decembro de 2023. Isto é, se posúen documentos electrónicos orixinais ou copias electrónicas auténticas, incorporaranas directamente no seu expediente electrónico persoal a través do enderezo https://fides.xunta.gal ou, cando os documentos orixinais figuren en formato papel, presentarán a documentación e o informe xerado en Fides, na pestana de actualización de méritos, de maneira presencial en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
5. O prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa deles para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta» rematará segundo o indicado no punto primeiro desta resolución.
6. Os méritos reflectidos no expediente electrónico persoal no estado de validados serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso.
7. Non se terán en conta neste proceso máis méritos que aqueles que figuren no expediente persoal electrónico das persoas aspirantes no remate do prazo establecido no punto primeiro desta resolución. Consecuentemente, non resultarán baremables aqueles méritos que se presentaren ou acreditaren documentalmente con posterioridade a esta data.
Por se tratar dun procedemento de concorrencia competitiva, non se admitirá, despois de rematado o prazo de acreditación de méritos e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha nova documentación acreditativa de méritos, aínda que consten rexistrados na solicitude de actualización ou modificación do expediente persoal. Exceptúase aquela documentación que, xustificándoa documentalmente neste mesmo prazo, fose solicitada pola persoa interesada ao organismo ou entidade competente e non se recibise no indicado prazo. Neste suposto admitirase a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para a presentación de reclamacións ás puntuacións provisionais.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Postos que se exclúen da oferta
|
Posto |
Código do posto |
Nivel |
Subgrupo |
Corpo/escala |
Adm. pub./ áreas func. |
Denominación do posto |
Consellería |
Centro directivo |
Centro de destino |
Concello |
Titulacións requiridas |
Formación específica |
Observacións |
|
16 |
PR.C99.10.005.27001.001 |
26 |
A1 |
Especial (esc. facultativos-esp. psicoloxía) |
AXG |
Psicólogo/a |
PR |
Servizos periféricos |
Equipo Técnico de Xurisdición Provincial de Menores da Provincia de Lugo. Sección de Menores da Fiscalía e Xulgado de Menores |
27001 |
Dispoñibilidade horaria |
||
|
31 |
PR.C99.10.011.15770.003 |
26 |
A1 |
Especial (esc. facultativos-esp. psicoloxía) |
AXG |
Psicólogo/a |
PR |
Servizos periféricos |
Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela |
15770 |
359 |
Dispoñibilidade horaria |
|
|
87 |
ED.C99.40.901.36560.004 |
18 |
A2 |
Especial (esc. técnicos facultativos-esp. enfermaría) |
AXG |
Enfermeiro/a |
ED |
Servizos perifericos |
CEE Saladino Cortizo (Vigo) |
36560 |
|||
|
235 |
PS.C99.10.000.32001.540 |
20 |
A2 |
Especial (esc. técnicos facultativos-esp. traballo social) |
AXG |
Traballador/a social |
PS |
Servizos periféricos |
Departamento Territorial de Ourense |
32001 |
Itinerante |
||
|
1170 |
PS.C99.40.901.27560.058 |
20 |
A2 |
Especial (esc. técnicos facultativos-esp. educador/a social) |
AXG |
Educador/a social |
PS |
Servizos periféricos |
Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Sarria) |
27560 |
Horario especial |
