DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da modificación parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial.

Na Xunta de Goberno Local do 8 de outubro, acordouse a aprobación inicial do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial. Establece a parte dispositiva do ditado acordo o seguinte:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución do sistema xeral adscrito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Dodro para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial redactado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado núm. 2261) e a enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois (colexiada núm. 1909) e asinado o 27 de setembro de 2022.

Segundo. Tramitar a expropiación urbanística polo sistema de taxación conxunta.

Terceiro. Ter por declarada a utilidade pública dos bens e dereitos afectados segundo a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal e o proxecto expropiatorio.

Cuarto. Determinar a seguinte relación de bens e dereitos afectados polo proxecto expropiatorio, de acordo cos datos proporcionados polo Rexistro da Propiedade:

Nº de predio

Referencia catastral

Titularidade

DNI

Superficie afectada

Outros bens afectados

Pleno

dominio

Ocupación temporal

1

15033G501008550001RJ

Santiago Batalla Lorenzo

Descoñecido

13

18

1,5 m3 muro de formigón

5 ud. poste de formigón

10 m maia de arame

Isaura Otero Río

***8893**

2

15033G501008560000EW

Nieves Cruces Morales

Descoñecido

35

28

63 arboredo

Quinto. Someter o expediente á información pública e audiencia por prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como no Portal de transparencia municipal, para que aquelas persoas que puidesen estar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Para estes efectos, o expediente estará exposto no concello e o proxecto publicarase no Portal de transparencia.

O prazo dun mes de información pública contarase desde a publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Sexto. Notificar a presente resolución de forma individual a cantos figuren no proxecto como titulares de bens e dereitos, con traslado da folla de valoración para que poidan presentar alegacións e/ou reclamacións no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación.

O expediente poderá consultarse na Casa do Concello de Dodro (Tallós, 32, Dodro), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas (cita previa solicitada no 981 80 20 62), así como no Portal de transparencia (https://sede.dodro.gal/sxc/es/portal_transparencia/).

Dodro, 4 de novembro de 2025

Francisco Xabier Casto Tourís
Alcalde