DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para completar a urbanización parcial da rúa Penas de Guitín, no cruce coa estrada de Catabois.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 16 de xuño de 2025, acordou a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para completar a urbanización parcial da rúa Penas de Guitín, no cruce coa estrada de Catabois, e facer as publicacións e notificacións regulamentarias.

Conforme o disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción no Diario Oficial de Galicia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, debendo presentar a documentación acreditativa do seu dereito no citado prazo.

O expediente pode consultarse nas oficinas do Negociado de Planeamento e Xestión do Concello de Ferrol, sitas na rúa María, núm. 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, e no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello na seguinte ligazón https://www.ferrol.es/Sede/TaboleiroAnuncios

Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no citado prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos que se van expropiar:

Nº de predio

Referencia catastral

Titular

Sup. total

(m2)

Sup. expropiada (m2)

01

2159616NJ6126S0001SP

Herdeiros de Juan Pico Castro e Dolores González Casteleiro (José Granja Pico e outros, Carmen López Pico e outros, Purificación Pico Mayobre e outros)

114

114

02

2159615NJ6126S0001EP

Rosa María Mera Rivas

Luis Manuel Mera Rivas

533

72

Ferrol, 5 de novembro de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Blanca García Olivares
Concelleira delegada da Área de Urbanismo,
Accesibilidade, Vivenda e Rehabilitación