O 9 de xullo de 2025, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por delegación do Consello de Dirección (Acordo do 11.7.2013), resolveu aprobar as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e a súa convocatoria (código de procedemento MR709A) (DOG núm. 142, do 28 de xullo de 2025).
De acordo co establecido no artigo 14.b) das bases reguladoras da convocatoria, o 29 de outubro de 2025 o xurado emite a proposta de Resolución do 31 de outubro de 2025 pola que se conceden os premios ao desenvolvemento rural de Galicia na súa décimo sexta edición.
Po todo o exposto e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Resolución do 23 de novembro de 2025 pola que se conceden os premios ao desenvolvemento rural de Galicia na súa décimo sexta edición,
RESOLVO:
Facer pública no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a concesión dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia na súa décimo sexta edición, que se relacionan no anexo desta resolución.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, poderá interpoñerse calquera outro recurso que se considere procedente.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025
Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Iniciativas premiadas
|
Candidatura |
Iniciativa |
Solicitante |
Puntuación |
Premio |
Partida orzamentaria |
|
Mocidade |
Orixe Salgada |
Orixe Salgada, S.L. |
72 |
10.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Mocidade |
AMDOR, a música eixe vertebrador dun pobo |
Asociación Agrupación Musical do Rosal |
67 |
3.000,00 € |
15-A1-712A-781.0 |
|
Interese social |
Colaxe |
Natali Asorey Zorraquino |
87 |
10.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Interese social |
Club Fluvial de Monforte: deporte, inclusión e cohesión social para dinamizar o medio rural |
Club Fluvial de Monforte |
85 |
3.000,00 € |
15-A1-712A-781.0 |
|
Sector agrogandeiro |
Fogar do Santiso: 30 anos impulsando o rural cun modelo único de restauración 360 |
Fogar do Santiso, S.L. |
90 |
10.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Sector agrogandeiro |
Traloagro |
Traloagro, S.L. |
80 |
3.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Mulleres |
Laura Vallejo, mostrando con estima o mundo forestal e gandeiro feito en Galicia |
Laura Vallejo Castro |
72 |
10.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Mulleres |
As zoqueiras de Merza |
María Elena Ferro Lamela |
71 |
3.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Innovación tecnolóxica |
Enzicas, redución de tempos de curación de queixos e embutidos con castañas |
Enzicas BIO, S.L. |
88 |
10.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Innovación tecnolóxica |
Agrolistik |
Agroimpact, S.L. |
58 |
3.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Recuperación e posta en valor da terra agraria |
Enonatur |
Roberto Regal López |
82,4 |
10.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
|
Recuperación e posta en valor da terra agraria |
Tofu Landeira |
Landeira Alimentación, S.L. |
59 |
3.000,00 € |
15-A1-712A-770.0 |
