DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 4 de decembro de 2025 Páx. 62452

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se publica a redistribución dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R).

No Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 17 de xaneiro de 2025, publicouse a Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R).

O artigo 4 da Orde do 27 de decembro de 2024 establece os créditos que financian as axudas da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027) con cargo aos correspondentes fondos dotados no orzamento de gastos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O crédito total, por importe de 40.706.500 €, da Orde do 27 de decembro de 2024 desagrégase nos seguintes programas, aplicacións e proxectos orzamentarios:

Programa I. Promoción do emprego autónomo. 14.02.322C.472.0, código de proxecto 2023 102, 28.956.500 €.

Programa II. Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas. 14.02.322C.470.0, código proxecto 2023 125, 1.500.000 €.

Programa III. Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas. 14.02.322C.770.0, código de proxecto 2023 103, 8.000.000 €.

Programa IV. Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas. 14.02.322C.472.0, código de proxecto 2024 189, 1.250.000 €.

Programa V. Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas. 14.02.322C.470.6, código de proxecto 2023 100, 1.000.000 €.

Unha vez rematado, o 30 de setembro de 2025, o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 27 de decembro de 2024, concedéronse as axudas, segundo a súa diferente natureza xurídica, ás persoas e entidades solicitantes por cada un dos programas e por cada unha das partidas orzamentarias, quedando saldo de crédito na aplicación orzamentaria 14.02.322C.470.6 do Programa V, Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas. Este remanente pódese utilizar para atender outras solicitudes en réxime de concorrencia non competitiva nos programas en que quedaron solicitudes sen atender, en concreto no programa IV, Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas, na aplicación orzamentaria 14.02.322C.472.0

Conforme o artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, pódese alterar a distribución entre distintos créditos sen modificar a contía total máxima. A redistribución precisará unicamente das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación desta modificación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez atendidas todas as solicitudes con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.322C.470.6 do Programa de conciliación das persoas traballadoras autónomas (código de procedemento TR341R), compróbase que existe crédito suficiente para atender as solicitudes pendentes no programa IV, Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas, con cargo á aplicación 14.02.322C.472.0 da mesma orde.

Por todo o exposto e co fin de atender as solicitudes pendentes do programa IV, Bono Remuda (TR341R), da Orde do 27 de decembro de 2024,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R), redistribuíndo o crédito asignado entre as aplicacións do programa V, Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas, e o programa IV, Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas, sen variar o orzamento total consignado na convocatoria, co detalle que recolle a seguinte táboa:

Programa de

axudas/procedemento

Aplicación

Crédito inicial

Redistribución de créditos

Crédito final

Programa IV. Bono Remuda das persoas autónomas (TR353D)

14.02.322C.472.0

1.250.000,00€

+294.851,55 €

1.544.851,55 €

Programa V. Conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R)

14.02.322C.470.6

1.000.000,00€

-294.851,55 €

705.148,45 €

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun prazo de novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais