A Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, dispón no artigo 12 que a oferta de emprego público se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e, en particular, no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos.
Por outra parte, no artigo 20.dous da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, que se atopa prorrogada, fíxanse diferentes taxas de reposición; así, establécese unha taxa do 120 por cento para os sectores prioritarios e unha taxa do 110 por cento para os demais sectores.
Así mesmo, o dito precepto inclúe, entre outros, como sectores prioritarios: o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos; o asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos; a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios; as prazas do persoal que presta asistencia directa á cidadanía nos servizos sociais e servizos de transporte público; as prazas de seguridade e emerxencias; as relacionadas coa atención á cidadanía nos servizos públicos e xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego, e persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Igualmente, o disposto no artigo 20.dous e tres da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, resulta de aplicación ás sociedades mercantís públicas e entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios participados maioritariamente polas administracións e organismos que integran o sector público, segundo as disposicións adicionais vixésimo primeira, vixésimo segunda e vixésimo terceira da dita lei.
A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece no artigo 48 os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.
A oferta de emprego público para o ano 2025 inclúe as prazas por acceso libre que figuran no anexo I. Para determinar a taxa de reposición tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias sen reserva de posto de traballo, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2024. Tal e como indica o artigo 20.tres, punto 4, da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, non computan na taxa de reposición as prazas que se convocan para a súa provisión mediante procesos de promoción interna.
Por outra banda, a oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.
Neste sentido, merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos, que deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.
Neste decreto de oferta para o ano 2025 inclúese unha promoción interna separada, anexo II, para persoal funcionario de corpos xerais con convocatorias independentes das de acceso libre.
Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de emprego público resérvase unha porcentaxe do 11,79 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta. A reserva do 11,79 % indicado realizarase de xeito que o 2,36 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,43 % para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.
Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta de Galicia aprobar a oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.
Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre aprobar a oferta de emprego público para o ano 2025, relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, establecendo os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, así como no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023.
Na súa virtude, negociados os criterios xerais desta oferta de emprego público coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de decembro de dous mil vinte e cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público
De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, así como no artigo 12 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2025, nos termos que se establecen neste decreto.
Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público
1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2025.
2. O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.
3. O anexo III recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Artigo 3. Promoción interna
Ás persoas aspirantes que superen os procesos de promoción interna da oferta de emprego público correspondente ao anexo I adxudicaráselles destino no mesmo posto de que fosen titulares con carácter definitivo, sempre que este figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accedan. No caso de que a persoa aspirante que supere o proceso sexa titular dun posto con carácter definitivo que non figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accede, ou no caso de que supere o proceso e non sexa titular de ningún posto con carácter definitivo, ofertaráselle na elección de destino un posto vacante que figure na relación de postos de traballo aberto ao dito corpo, escala e especialidade.
Artigo 4. Promoción interna independente
1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, ofértanse as prazas que se detallan no anexo II deste decreto para persoal funcionario de carreira polo sistema de concurso-oposición. Os procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso e para o persoal funcionario será de aplicación o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
2. Realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario dos corpos da Administración xeral, excluídas as escalas, poida promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúa a titulación necesaria, prestase servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.
3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior de Administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de Administración xeral, da escala de inspectoras e inspectores de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2), e no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo auxiliar, subgrupo C2, poderán participar as escalas pertencentes á agrupación profesional.
4. Para os funcionarios do corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, realizarase unha promoción interna separada para permitir que este persoal funcionario poida promocionar ao corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo, sempre e cando posúan a titulación necesaria, prestasen servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como funcionario/a de carreira no corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, reúnan os requisitos exixidos na convocatoria e superen as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.
5. Ás persoas aspirantes que superen os procesos de promoción interna da oferta de emprego público correspondente ao anexo II adxudicaráselles destino no mesmo posto de que fosen titulares con carácter definitivo, sempre que este figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accedan. No caso de que a persoa aspirante que supere o proceso sexa titular con carácter definitivo dun posto que non figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accede, ou no caso de que supere o proceso e non sexa titular de ningún posto con carácter definitivo, ofertaráselle na elección de destino un posto vacante que figure na relación de postos de traballo aberto ao dito corpo, escala e especialidade.
Artigo 5. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos
1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:
A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:
– Publicidade das convocatorias e das súas bases.
– Transparencia.
– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se vaian desenvolver.
– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.
– Simplificación dos procesos selectivos.
– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.
B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto. Nas convocatorias de promoción interna estableceranse medidas para fomentar o seu impulso e desenvolvemento.
C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación, de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.
D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas faranse públicos os cadros de respostas, na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.gal/funcion-publica).
E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.
F) De ser o caso, o desenvolvemento dos procesos selectivos terá que adecuarse ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.
2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verifica a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existiren méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento das persoas candidatas aprobadas, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 153 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Artigo 6. Persoas con discapacidade
1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no punto 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.
2. Nesta oferta resérvase unha porcentaxe do 11,79 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 2,36 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,43 %, para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual ofertaranse en convocatorias independentes. As prazas reservadas para persoas con calquera outra discapacidade poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes ás dos procesos libres e garantirase, en todo caso, o carácter individual dos procesos.
3. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como no Decreto 80/2025, do 8 de setembro, polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.
4. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de medios e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.
5. No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se presentase pola cota de reserva supere os exercicios e non obteña praza na citada cota e a súa puntuación sexa superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.
6. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade non cualificada de intelectual que quedasen desertas nos procesos selectivos acumularanse á quenda xeral.
Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas e execución de convocatorias
1. Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondentes aos anos 2023 e 2024 que aínda estean pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2025.
2. De conformidade co disposto no artigo 20.tres.3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, as prazas non cubertas durante a execución dunha convocatoria poderán convocarse novamente sempre que non transcorresen máis de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público que as autorizase.
A nova convocatoria deberá identificar as prazas que proceden de convocatorias anteriores e a oferta a que corresponden. Esta previsión será aplicable ás convocatorias de procesos selectivos derivadas de ofertas de exercicios anteriores á de 2025, incluídas as que xa fosen publicadas.
Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública
As convocatorias adaptaranse ao disposto na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Disposición transitoria. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)
As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adecuarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto
Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, un de decembro de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública
ANEXO I
Acceso libre
|
Administración xeral |
Quenda xeral |
Discapacidade xeral |
Discapacidade intelectual |
Total prazas |
|
Corpo superior (subgrupo A1) |
27 |
3 |
|
30 |
|
Escala de letrados/as |
9 |
1 |
|
10 |
|
Escala superior de finanzas |
9 |
1 |
|
10 |
|
Corpo de xestión (subgrupo A2) |
27 |
3 |
|
30 |
|
Escala técnica de finanzas |
14 |
2 |
|
16 |
|
Corpo administrativo (subgrupo C1) |
10 |
1 |
|
11 |
|
Corpo auxiliar (subgrupo C2) |
42 |
4 |
3 |
49 |
|
Agrupación profesional (AP) |
||||
|
Escala de persoal subalterno |
45 |
5 |
10 |
60 |
|
Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais: |
||||
|
Especialidade persoal de limpeza e cociña |
135 |
15 |
10 |
160 |
|
Total |
318 |
35 |
23 |
376 |
|
Administración especial |
Quenda xeral |
Discapacidade xeral |
Total prazas |
|
Corpo facultativo superior (subgrupo A1) |
|||
|
Escala de veterinarios/as |
14 |
2 |
16 |
|
Escala de enxeñeiros/as: |
|||
|
Especialidade enxeñaría agronómica |
5 |
1 |
6 |
|
Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros: |
|||
|
Especialidade formación e orientación laboral |
1 |
1 |
|
|
Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2): |
|||
|
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as: |
|||
|
Especialidade enxeñaría técnica agrícola |
22 |
3 |
25 |
|
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos: |
|||
|
Especialidade de arquivos |
2 |
1 |
3 |
|
Corpo de técnicos/as de carácter facultativo (grupo B): |
|||
|
Escala de axentes técnicos/as en xestión ambiental |
45 |
5 |
50 |
|
Escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais: |
|||
|
Especialidade bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada |
12 |
2 |
14 |
|
Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2): |
|||
|
Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais: |
|||
|
Especialidade bombeiro/a forestal |
110 |
14 |
124 |
|
Escala auxiliar de coidadores/as |
100 |
8 |
108 |
|
Escala auxiliar de cociña |
25 |
5 |
30 |
|
Escala auxiliar de mantemento |
10 |
10 |
|
|
Total |
346 |
41 |
387 |
|
Prazas de persoal laboral |
Quenda xeral |
Discapacidade xeral |
Total prazas |
|
III-103 Entrevistador/a-enquisador/a |
2 |
2 |
|
|
Total |
2 |
2 |
|
Administración xeral/especial/persoal laboral |
Quenda xeral |
Discapacidade xeral |
Discapacidade intelectual |
Total prazas |
|
Total prazas |
666 |
76 |
23 |
765 |
ANEXO II
Promoción interna independente
|
Administración xeral |
Quenda xeral |
Discapacidade xeral |
Discapacidade intelectual |
Total prazas |
|
Corpo superior (subgrupo A1) |
18 |
2 |
20 |
|
|
Corpo de xestión (subgrupo A2) |
45 |
5 |
50 |
|
|
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
1 |
1 |
2 |
|
|
Corpo administrativo (subgrupo C1) |
70 |
5 |
75 |
|
|
Corpo auxiliar (subgrupo C2) |
135 |
15 |
3 |
153 |
|
Total prazas |
269 |
28 |
3 |
300 |
ANEXO III
Entes públicos instrumentais-Persoal laboral
Instituto Galego de Promoción Económica-Igape.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo e categoría |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Técnico/a |
Acceso libre |
II-Titulado/a de grao medio |
Grao universitario ou equivalente |
1 |
|
Total prazas |
1 |
Instituto Enerxético de Galicia-Inega.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo e categoría |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Técnico/a I asesoramento enerxético |
Acceso libre |
II |
Enxeñaría superior ou técnica |
1 |
|
Técnico/a II apoio á innovación e proxectos |
Acceso libre |
III |
Título de bacharelato, bacharelato unificado polivalente ou formación profesional de técnico superior ou técnico especialista ou equivalente |
1 |
|
Técnico/a II rexistro, información e xestión |
Acceso libre |
III |
Título de bacharelato, bacharelato unificado polivalente ou formación profesional de técnico superior ou técnico especialista ou equivalente |
1 |
|
Total prazas |
3 |
Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo e categoría |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Técnico/a superior en informática |
Acceso libre |
II-Titulado/a de grao medio |
Grao universitario ou equivalente, diplomado universitario en informática ou equivalente. Nivel de coñecemento de inglés: B1. Nivel de coñecemento de lingua galega: Celga 4 ou perfeccionamento. |
1 |
|
Total prazas |
1 |
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia-Intecmar.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo e categoría |
Total prazas |
|
Auxiliar de laboratorio |
Acceso libre |
IV-11 |
1 |
|
Total prazas |
1 |
Axencia Turismo de Galicia-Aturga.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo e categoría |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Profesor/a práctica de servizos - CSHG - PX_EXT129 - 7120034 |
Acceso libre |
II |
Técnico/a superior en Restauración ou diploma superior en Xestión Hoteleira |
1 |
|
Profesor/a teoría de servizos -CSHG - PX_EXT100 - 7120012 |
Acceso libre |
I |
Licenciado/a ou graduado/a en Turismo ou en Xestión de Empresas Hostaleiras |
1 |
|
Administrativo/a - CSHG - PX_EXT52 - 7120090 |
Acceso libre |
III |
Bacharelato superior, FP II ou equivalente |
1 |
|
Profesor/a idiomas - CSHG PX_EXT107 - 7120026 |
Acceso libre |
I |
Licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Inglesa ou Tradución e Interpretación |
1 |
|
Total prazas |
4 |
Portos de Galicia.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo/nivel |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Administrativo/a |
Acceso libre |
3.3 |
Bacharelato ou técnico/a |
1 |
|
Total prazas |
1 |
Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Total prazas |
|
Técnico/a de administración (CTBX0004) |
Acceso libre |
1 |
|
Total prazas |
1 |
Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. Sogama.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo e categoría |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Oficial administrativo/a contable |
Acceso libre |
II |
Ciclo superior en Administración e finanzas |
2 |
|
Total prazas |
2 |
Redes de Telecomunicacións Galegas-Retegal, S.A.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Nivel |
Total prazas |
|
Técnico/a CEXAR |
Acceso libre |
Categoría técnico/a informático/a (nivel 4 do grupo técnico do convenio Retegal) |
1 |
|
Total prazas |
1 |
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI).
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Técnico/a edificación |
Acceso libre |
Arquitectura superior |
1 |
|
Técnico/a de control |
Acceso libre |
Enxeñaría industrial |
1 |
|
Técnico/a edificación |
Acceso libre |
Arquitectura técnica |
1 |
|
Total prazas |
3 |
Xenética Fontao, S.A.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo/nivel |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Auxiliar laboratorio |
Acceso libre |
SG |
Ciclo medio en laboratorio de análise e de control de calidade, análises clínicos ou equivalente (técnico/a medio/FP1 ou equivalente) |
1 |
|
Oficial 2ª peón/a |
Acceso libre |
SG |
Certificado de estudos primarios |
1 |
|
Total prazas |
2 |
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
|
Posto/categoría |
Quenda xeral |
Grupo/nivel |
Titulación requirida |
Total prazas |
|
Adxunto/a de laboratorio |
Acceso libre |
X-01-04 |
Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Biotecnoloxía, Bioquímica ou equivalente |
7 |
|
Auxiliar administrativo/a |
Acceso libre |
X-05-01 |
Técnico/a FP básico en Administración ou equivalente |
2 |
|
Bioinformático/a |
Acceso libre |
X-01-06 |
Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a en Bioloxía, Física, Matemáticas ou equivalente |
1 |
|
Biotecnólogo/a |
Acceso libre |
X-01-05 |
Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Biotecnoloxía, Bioquímica ou equivalente |
1 |
|
Investigador/a asociado/a (grupo I.2) |
Acceso libre |
BX-A1-01 |
Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Biotecnoloxía, Bioquímica ou equivalente |
1 |
|
Técnico/a laboratorio |
Acceso libre |
X-03-01 |
Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico ou equivalente. |
4 |
|
Técnico/a contratación |
Acceso libre |
X-01-08 |
Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a ou equivalente |
1 |
|
Técnico/a calidade |
Acceso libre |
X-01-07 |
Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Biotecnoloxía, Bioquímica ou equivalente |
1 |
|
Total prazas |
18 |
|||
