DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 2025 Páx. 63269

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2025, conxunta dos tribunais nomeados para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III e na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se publican os resultados da proba física pendente de dúas persoas aspirantes.

En sesión conxunta que tivo lugar o día 2 de decembro de 2025 os tribunais nomeados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 100 do grupo III e na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo, e no DOG núm. 87, do 8 de maio), mantiveron unha xuntanza para a toma de decisións en común que afectan os procesos selectivos indicados.

De conformidade co disposto na base II.7.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que se modifican as resolucións de convocatoria do 22 de decembro de 2022, as persoas aspirantes que participen nos procesos de estabilización vinculados ao servizo de extinción de incendios deberán realizar unha proba física de carácter eliminatorio. A dita proba consistirá en superar a proba física «Field test», que consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio de carácter eliminatorio valorarase como apto ou non apto, e para superalo é preciso obter o resultado de apto.

En virtude do artigo 154 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, adiouse a realización da citada proba física a dúas persoas aspirantes e esta tivo lugar o día 26 de novembro de 2025.

En consecuencia, os citados tribunais

ACORDAN:

Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 26 de novembro de 2025, correspondentes á proba física única dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, vinculados ao servizo de extinción de incendios, convocados pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022.

Os resultados obtidos polas persoas convocadas á dita proba física reflíctense no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2025

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal do grupo III

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal do grupo V