Advertido un erro na Orde do 21 de novembro de 2025 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2024/25, convocados pola Orde do 3 de xuño de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 28 de novembro, cómpre facer a oportuna corrección:
Na páxina 61237, onde di: «por delegación de competencia establecida na Orde do 27 de maio de 2025 (DOG núm. 104, do 3 de xuño)», debe dicir: «por delegación de competencia establecida na Orde do 5 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño)».
