DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 2025 Páx. 63667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/001-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Modificado 1 do proxecto denominado LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas.

Situación: lugar de San Cibrao das Viñas, concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 172.134,19 €.

Características principais do proxecto, que foi asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 11.9.2025:

– Substitución do apoio existente núm. D219, do tipo 2-HV, do DC correspondente ás liñas SCV804, CAS806 e BBA805, por un novo apoio de celosía metálica, do tipo C-18/4500, no que se instala un interruptor telecontrolado (ITC). Retensado dos condutores existentes LA-110 sobre o novo apoio.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 506 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, coa orixe no novo apoio núm. D219 e o final no CT proxectado.

– CT en edificio prefabricado, de tipo manobra exterior, con transformador de 250 kVA e R/T 20.000/400 V.

A información pública do proxecto inicialmente presentado por UFD foi realizada mediante o Acordo deste Departamento Territorial do 7 de febreiro de 2025, que foi inserido no DOG do 3 de marzo e no xornal La Región de Ourense do 14 de febreiro. O proxecto tamén estivo en exposición pública neste departamento territorial e no portal de transparencia desta consellería. Dentro do prazo establecido para iso, foron presentadas alegacións por María de los Ángeles Méndez Alonso, como titular do predio número 2 da RBDA, nas cales fai referencia aos prexuízos que causaría no dito predio a situación do centro de transformación prevista no proxecto presentado polo promotor. Así mesmo, propón como situación alternativa un terreo próximo do que é titular o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. As ditas alegacións foron remitidas ao promotor. O día 17.9.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un modificado ao proxecto inicial en que ten en conta a situación alternativa proposta pola alegante, acompañada dunha autorización do citado ministerio para a situación do centro de transformación na súa parcela.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto, arriba sinalado, logo da exclusión do predio núm. 2 da RBDA, segundo se indica nesta resolución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 17 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense