Na sesión que tivo lugar o 9 de decembro de 2025, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto nas bases II.1.2.2 e II.1.3.4 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, e o cuarto exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, terán lugar o día 17 de decembro de 2025, a partir das 15.30 horas, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.
Segundo. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co previsto na base II.1.4.1 da convocatoria, e a orde de actuación será a seguinte:
|
NIF |
Apelidos e nome |
|
***2041** ***6114** ***8334** ***5939** |
Andrade Rodríguez, María Luz Casal Ferreiro, Mariña González Vázquez, David Mosquera Rey, Ana María |
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal
