DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 2025 Páx. 63755

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica o requirimento ditado no procedemento da Orde do 21 de abril de 2025 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento BS306B).

Con data do 6 de maio de 2025 publícase, no Diario Oficial de Galicia número 85, a Orde do 21 de abril de 2025 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento BS306B).

Segundo o artigo 20 da orde de convocatoria, unha vez emitida a resolución de concesión, a data límite para presentar a xustificación é o día 15 de novembro de 2025. No mesmo artigo determínase a documentación necesaria para a xustificación do proxecto.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por ser insuficiente para acreditar o cumprimento dos requisitos para o pagamento da axuda.

De conformidade co artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste capítulo».

O artigo 46.2 do dito Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, dispón que «cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección».

Así mesmo, o artigo 27.1.j) da Orde do 21 de abril de 2025 establece que «as persoas beneficiarias das axudas deberán figurar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e coa Seguridade Social, non ser persoa debedora, de acordo con resolución declarativa de procedencia de reintegro, e non ter ningunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma. En caso contrario, non se fará o pagamento da axuda».

O artigo 12.1 da dita Orde do 21 de abril de 2025 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución. Así mesmo, de forma complementaria, poderase efectuar a notificación de todos os actos administrativos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto administrativo de requirimento ditado polo órgano instrutor con data do 2 de decembro de 2025, en que figura a relación das entidades e grupos beneficiarios requiridos para emendar ou presentar a documentación xustificativa relacionada e exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades e grupos recollidos no anexo de que son requiridos para que no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, presenten a documentación xustificativa relacionada no artigo 20 da Orde do 21 de abril de 2025 ou emenden os defectos apreciados na xustificación presentada que se especifican no anexo. A falta de presentación ou emenda da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Convocatoria: Orde do 21 de abril de 2025 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento BS306B).

Acto administrativo: requirimento de emenda de documentación xustificativa da Orde do 21 de abril de 2025.

Data do acto: 2 de decembro de 2025.

Órgano competente: Instituto da Xuventude de Galicia.

Efectos: as entidades ou grupos informais beneficiarios terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos requiridos. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

a) Relación de asociacións, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións:

Núm. exp.

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS306B-2025-001

Asociación Limisi

G32302671

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-006

Federación ASDE – Scouts de Galicia – Exploradores de Galicia

G70305008

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-013

Érguete Baixo Miño Asociación de Prevención de Condutas Adictivas, Educación e Promoción da Saúde Educación

G36124279

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-015

Asociación Cultural Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic

G32407611

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-017

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

BS306B-2025-019

Arelas. Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia

G27820182

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materiais de difusión e publicacións.

• Anexo VIII. Aclaracións.

BS306B-2025-021

Escola de Tempo e Aire Libre Néboa

G15409063

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Anexo VII.

BS306B-2025-026

ONG Mestura para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-030

Federación Scouts de Galicia

R1500317A

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo VII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-033

Asociación Cultural InGalicia

G70143342

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-035

ADO Asociación de Personas con Discapacidad de Ourense

G32410797

• Anexo VIII.

BS306B-2025-036

Asociación ConCiencia Galicia

G06814198

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-040

Asociación Orensana de Esclerosis Múltiple, ELA, Párkinson y otras Enfermedades Neurodegenerativas

G32209983

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións. Aclaracións.

BS306B-2025-045

Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES)

G32383549

• Anexo VII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-046

Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago de Compostela

G15071566

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materiais de difusión e publicacións. Aclaracións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

BS306B-2025-052

Agrupación Folklórica Santiaguiños de Boimorto

G15223936

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Anexo VIII.

BS306B-2025-054

Asociación Cultural MerzaBrass

G94012374

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI). Aclaracións.

BS306B-2025-056

Asociación Arrebol de Galicia

G21661285

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-057

Asociación Cultural Xuvenil Ateibo

G27013309

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo VII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-058

Asociación Sustinea

G32422834

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI).

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Os anexos VII, VIII e X.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-059

Asociación Cultural Deportiva e Xuvenil Acuxuve

G70481221

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-060

Asociación Pais de Alumnos Cotarelo Valledor do Colexio Público Integrado de Boimorto

G15433238

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

BS306B-2025-061

Asociación Arousa Moza

G94157963

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo VII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-064

Asociación Break Inclán

G70468616

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto. Aclaracións.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Os anexos VII, VIII e X.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-065

Asociación Grupo Scout Semente

G70283353

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto. Aclaracións.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo VII.

BS306B-2025-068

Asociación Cultural e Xuvenil Muíños

G70218383

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-070

Asociación Amigas da Terra

G32242422

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto e do pagamento. Aclaracións.

• Anexo VIII. Aclaracións.

BS306B-2025-071

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-073

Asociación Ocionautas

G94114022

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto e documentos xustificativos do pagamento. Aclaracións.

BS306B-2025-076

Cruz Roja Española

Q2866001G

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto e documentos xustificativos do pagamento. Aclaracións.

BS306B-2025-079

Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil

G36744951

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-082

Asociación de Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela

G70521240

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-083

Asociación Musical Cultura Tirante

G94081809

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-087

Asociación Banda de Música Popular de Tui

G36153344

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-089

Asociación Noia Limpa

G44662880

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

BS306B-2025-094

Censea

G70529920

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-096

Asociación Xuvenil Imaxina e Axuda

G94192960

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Os anexos VIII e X.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-097

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• O anexo VII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-098

Federación Galega de Bandas de Música Populares

G15110893

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto. Aclaracións.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo VIII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-100

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto. Aclaracións.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo VII.

BS306B-2025-101

Asociación Xuvemprende

G32469694

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI).

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Anexo X.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-102

Asociación Agrupación Musical do Rosal

G36027928

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

b) Relación de grupos informais:

Núm. exp.

Solicitante

DNI

representante

Nome representante

Documentación requirida

BS306B-2025-74

Grupo Informal Fonte da Tella

***2212**

Inoa Pardo Mariño

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Os anexos VII e VIII.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX.

BS306B-2025-84

Grupo Informal DNF Series

***0202**

Jacobo Formoso Fachal

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): reportaxe fotográfica, materiais de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

BS306B-2025-90

Grupo Informal Xuventude do Navia

***8734**

Silvia Saavedra Fernández

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI): materias de difusión e publicacións.

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Os anexos VII e VIII.

BS306B-2025-91

Grupo Informal Rural Girls

***9936**

Guillermina Fernández Villar

• A memoria de actividades realizadas (anexo VI).

• As facturas e os documentos xustificativos do gasto.

• Os documentos xustificativos do pagamento.

• Os anexos VII, VIII e X.

• A memoria económica redactada conforme o modelo publicado como anexo IX

BS306B-2025-99

Grupo Informal As 10 Producións

***7411**

Alejandro Vargas Vizoso