A inspectora urbanística acordou denegar, o 10 de novembro de 2025, no expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0532-2024, a apertura de período de proba.
Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo á persoa interesada, con DNI 35449605G, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á persoa interesada o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2025
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
