De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicase a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento indicado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 27 de novembro de 2025
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: López Mora.
Signatura: VUT-PO-005996.
Titular: Antonio Tomás de Carranza Franco.
Enderezo: avenida García Barbón, 63, 1º.
CP: 36201.
Concello: Vigo.
