
No Diario Oficial de Galicia número 209, do 29 de outubro de 2025, a través da Resolución do 22 de outubro de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W).
Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 9 de decembro de 2025 o órgano competente emite a resolución que finaliza o dito procedemento.
A base décimo novena da Resolución do 22 de outubro de 2025 establece que a resolución de concertación se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e que terá os efectos de notificación. De igual forma será publicada na páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade e notificada á entidade concertada a través dun documento en que se establezan as condicións da axuda.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de decembro de 2025 ditada no procedemento BS213W de selección dunha entidade privada de iniciativa social, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea, e que se xunta á presente resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de decembro de 2025 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.
A formalización deste concerto social, de acordo co establecido na base vixésimo segunda da Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante documento administrativo o día seguinte ao da publicación da resolución de concertación.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen efectuarse esta previamente.
Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social
ANEXO
«Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se selecciona a unha entidade privada de iniciativa social, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W).
Antecedentes de feito:
Primeiro. Con data 29 de outubro de 2025 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 22 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W).
Segundo. De conformidade co previsto na base décimo quinta da Resolución do 22 de outubro de 2025, a subdirectora xeral de Prestacións e Programas de Inclusión informa con data 3 de decembro de 2025 de que, unha vez revisadas as solicitudes e, de ser o caso, completadas ou emendadas, resulta que unicamente presentou solicitude para participar no procedemento a seguinte entidade:
|
Entidade solicitante |
NIF |
|
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
Terceiro. Con data 3 de decembro de 2025 reúnese a Comisión de Valoración prevista na base décimo sexta da Resolución do 22 de outubro de 2025, para verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos.
A entidade Cruz Roja Española cumpre os requisitos para concertar e acadou a puntuación de 97,50 puntos, atendendo aos criterios de selección e preferencia establecidos na base décimo sétima das bases reguladoras.
Entre a documentación presentada pola entidade consta a declaración responsable de exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).
Cuarto. A subdirectora xeral de Prestacións e Programas de Inclusión, en calidade de presidenta da Comisión de Valoración, e de conformidade coa verificación realizada por esta, con data 3 de decembro de 2025 propón a adxudicación do concerto á entidade Cruz Roja Española.
Quinto. Con data 6 de decembro de 2025 foi fiscalizado de conformidade a disposición do gasto pola Intervención Delegada da Consellería de Política Social e Igualdade.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. O Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia establece, no seu artigo 16, que a resolución do concerto social promovido pola consellería con competencias en materia de servizos sociais correspóndelle á persoa titular desta, que poderá delegar a competencia na persoa titular do órgano de dirección competente no ámbito dos servizos sociais que se vaian concertar.
A base décimo oitava da Resolución do 22 de outubro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras deste concerto social, sinala que a resolución lle corresponde, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, á persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social.
Segundo. A resolución do procedemento de concerto faise unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor e logo de valoración e proposta da Comisión de Valoración, conforme o previsto nas bases décimo quinta, décimo sexta e décimo oitava das bases reguladoras.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W), á entidade Cruz Roja Española, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da base décimo sétima da Resolución do 22 de outubro de 2025, publicada o 29 de outubro de 2025 no Diario Oficial de Galicia.
Conforme estes criterios de selección e preferencia, a Comisión de Valoración estableceu a seguinte puntuación para a entidade:
|
Criterio de selección e preferencia |
Puntuación |
|
a) Grao de implantación da entidade na Comunidade Autónoma de Galicia |
40 |
|
b) Calidade técnica do proxecto |
12,50 |
|
c) Experiencia de traballo da entidade a favor da inclusión social das persoas máis desfavorecidas |
20 |
|
d) Certificado de calidade |
5 |
|
e) Auditoría externa |
10 |
|
f) Medidas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade |
10 |
|
Total |
97,50 |
Segundo. Adxudicar o concerto social coas condicións e importe que se sinalan:
|
Entidade |
Cruz Roja Española |
|
|
NIF |
Q2866001G |
|
|
Número de rexistro no RUEPSS |
E0023 |
|
|
Modalidade de concertación |
Procedemento de asignación de concertos |
|
|
Servizos que se concertan conforme a Carteira de servizos sociais de inclusión establecido no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro |
Código |
Servizo |
|
0101 |
Servizo de valoración, orientación e información |
|
|
0201 |
Servizo de cobertura da necesidade de alimento |
|
|
0202 |
Servizo de provisión de recursos básicos |
|
|
Período de concerto |
O prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30 de xuño de 2029. |
|
|
Importe do concerto |
24.128.139,00 € |
|
|
Distribución por anualidades |
2025 |
1.887.029,06 € |
|
2026 |
7.304.136,22 € |
|
|
2027 |
7.325.781,04 € |
|
|
2028 |
7.327.788,03 € |
|
|
2029 |
283.404,65 € |
|
Terceiro. O concerto formalizarase mediante documento administrativo ao día seguinte da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e na base vixésimo segunda das bases reguladoras.
O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuada esta previamente.
Cuarto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
